Asociación Galega de Editores

Novas

Libros na rúa

Xoves, 20 Maio 2010

Nova: Libros na rúa

Alberto Ramos presentou o seu libro desde o balcón da emblemática Librería Couceiro, na Praza de Cervantes, en Santiago, diante de numeroso público que se presentou para participar nesa festa que é toda presentación dunha nova creación literaria.    

Desde o balcón da librería, Alberto Ramos, presentou Con acuse de recibo, un libro editado por Biblos e ilustrado por Abraldes.  «Foi dende un...

Ler máis

Os Contos no camiño celebra o Día dos Museos

Mércores, 19 Maio 2010

Nova: Os Contos no camiño celebra o Día dos Museos

O proxecto europeo Os Contos do Camiño, coordinado pola editorial galega OQO, sumouse hoxe á celebración do Día Internacional do Museos cun concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no que estaban convidados todos os escolares que participan en Santiago de Compostela nos obradoiros de animación á lectura e plástico creativos para dar a coñecer o patrimonio inmaterial e artístico...

Ler máis

Elena Veiga Rilo e Andrea Maceiras Lafuente, finalistas do Premio Biblos- Pazos de Galicia

Martes, 18 Maio 2010

Nova: Elena Veiga Rilo e Andrea Maceiras Lafuente, finalistas do Premio Biblos- Pazos de Galicia

 

Andrea Maceiras Lafuente, de Pravio-Cambre, e Elena Veiga Rilo, de Guísamo, son as dúas finalistas da sexta edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallará a mediados de xullo na tradicional cea literaria da Casa Grande do Bachao. O xurado, integrado pola que será titora da gañadora, Fina Casalderrey; por Pablo García Martínez como autor galardoado na anterior edición, e por...

Ler máis

Día das Letras Galegas 2010

Domingo, 16 Maio 2010

Nova: Día das Letras Galegas 2010

LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS  TRISTES

LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.

Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.

Todo...

Ler máis

Educación suprime a cota mínima de libros en galego nas bibliotecas escolares

Mércores, 12 Maio 2010

Nova: Educación suprime a cota mínima de libros en galego nas bibliotecas escolares

A Consellería de Educación eliminou a cota mínima de libros en galego que tiñan as bibliotecas dos centros de ensino público. Unha orde de 2009 establecía que "un mínimo do 50% dos fondos adquiridos" debía estar en "lingua galega". Na nova, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres, desaparece esta referencia e só menciona que "a multiculturalidad e as diferentes linguas do...

Ler máis

Día das Letras: Novoneyra para tódolos gustos

Martes, 11 Maio 2010

Nova: Día das Letras: Novoneyra para tódolos gustos

Como cada ano, a celebración do Día das Letras vén acompañado da publicación dun bo feixe de libros encol do autor homenaxeado. Uxío Novoneyra non podía ser menos. Recitais en CD, pseudomemorias ou banda deseñada mestúranse coas habituais reedicións, textos inéditos e obras divulgativas mestúranse nos andeis das librarías. Obviamente, a reedición de obras de Novoneyra supón un dos puntais dos...

Ler máis

Novos pulos á biblioteca virtual Europeana

Luns, 10 Maio 2010

Nova: Novos pulos á biblioteca virtual Europeana

Os ministros europeos de Cultura e Audiovisuais reclamarán hoxe a necesidade de dar un novo impulso político e financeiro á biblioteca virtual Europeana, que ten por obxectivo alcanzar os dez millóns de obras dixitalizadas en liña antes de que acabe 2010. A reunión que presidirá a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, prevé adoptar un texto de conclusións que pedirá aos estados membros...

Ler máis

Éxito do stand monográfico dos editores de Compostela na Feira do Libro de Santiago

Luns, 10 Maio 2010

Nova: Éxito do stand monográfico dos editores de Compostela na Feira do Libro de Santiago

O grupo Editores de Compostela, creado o pasado mes de abril e integrado polas editoriais Alvarellos, Positivas e Sotelo Blanco, cualifica a súa primeira experiencia conxunta na Feira do Libro de Santiago (que hoxe pecha as súas portas) como "todo un éxito". Estas tres editoriais da capital de Galicia decidiron montar un stand monográfico de Compostela, unha caseta na que só se venderon...

Ler máis

673 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?