Asociación Galega de Editores

Novas

Compostela acolle dende hoxe aos 320 participantes no Congreso Nacional de Artes Gráficas

Xoves, 10 Xuño 2010

Nova: Compostela acolle dende hoxe aos 320 participantes no Congreso Nacional de Artes Gráficas

O porvir do papel ou as solucións ante a crise son algúns dos temas que hoxe e mañá se tratarán en varios relatorios que terán lugar no Auditorio de Galicia.

As xornadas están organizadas pola Federación Empresarial de Industrias Gráficas de España en colaboración coa Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia.

O evento celébrase baixo o lema Camino de futuro e programou ponencias...

Ler máis

Unha editora irlandesa publica a dez poetas galegas en inglés e gaélico

Mércores, 09 Xuño 2010

Nova: Unha editora irlandesa publica a dez poetas galegas en inglés e gaélico

Dez poetas, todas mulleres, protagonizan a última incursión da literatura galega no mercado editorial anglófono. O selo irlandés Salmon Poetry (www.salmonpoetry.com) vén de publicar To the Winds Our Sails, unha antoloxía que inclúe obras de Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, Xohana Torres, Marilar Aleixandre, Luz Pichel, Chus Pato, Ana Romaní, María do Cebreiro, María Lado e a máis...

Ler máis

Marcos Calveiro gaña o Premio Raíña Lupa e Eva Moreda o Terra de Melide

Mércores, 09 Xuño 2010

Nova: Marcos Calveiro gaña o Premio Raíña Lupa e Eva Moreda o Terra de Melide

Os escritores galegos Marcos Calveiro e Eva Moreda foron galardoados onte cos premios Raíña Lupa de narrativa infantil e xuvenil e Terra de Melide de creación literaria respectivamente. Calveiro fíxose co seu galardón, convocado pola Deputación da Coruña, con Centauros do Norte, unha novela centrada na revolución mexicana. Moreda, con A Veiga é como un tempo distinto.

"A novela naceu coa...

Ler máis

Os escolares vascos elixen o libro "Cocorico", de OQO Editora como mellor libro do ano

Martes, 08 Xuño 2010

Nova: Os escolares vascos elixen o libro "Cocorico", de OQO Editora como mellor libro do ano

A Federación de Ikastolas de Euskal Herria organiza cada curso escolar o certame Eleccións Literarias, cuxo xurado está formado por alumnos que deciden cal é o mellor libro do ano. Nesta edición, a especial distinción foi para a versión en éuscaro do Cocorico, da firma galega OQO Editora e coeditada no País Vasco. por Txalaparta, grazas aos votos dos 2.900 nenos e nenas participantes. Esta...

Ler máis

Pecha a pontevedresa libraría Michelena

Martes, 08 Xuño 2010

Nova: Pecha a pontevedresa libraría Michelena

"Para os libreiros e para os cidadáns o peche dunha libraría histórica que se converteu co paso dos anos en referencia é un suceso moi triste porque cunha desaparición así marcha parte da historia dunha cidade". Así define Xurxo Patiño, presidente da Asociación de Libreiros de Galicia, o peche da libraría Michelena, histórico establecemento pontevedrés que levaba 29 anos de dedicación á venda...

Ler máis

Galaxia e Xerais presentan a edición bilingüe da "Anthology of Galician Literature"

Luns, 07 Xuño 2010

Nova: Galaxia e Xerais presentan a edición bilingüe da "Anthology of Galician Literature"

Unha antoloxía da poesía galega traducida ao inglés por Jonathan Dunne, e presentada o sábado en Compostela, consolida a tímida penetración da Literatura nacional no mercado anglosaxón, onde recentemente o escritor Manolo Rivas -tamén traducido por Dunne- conseguiu un sonoro éxito con Os libros arden mal.

O volume, en edición galego-inglés, foi presentado polas dúas editoriais que impulsaron...

Ler máis

Rinoceronte Editora doa 8.000 € en libros aos IES de Monterroso e Palas de Rei

Luns, 07 Xuño 2010

Nova: Rinoceronte Editora doa 8.000 € en libros aos IES de Monterroso e Palas de Rei

A editorial canguesa Rinoceronte fíxolle entrega aos institutos de secundaria de Monterroso e Palas de Rei (Lugo) de cadanseu lote de libros cun prezo total no mercado de 8.000 euros. Estes libros -entre os que se conta a primeira tradución do islandés ao galego (Anxos do universo, de Einar Már Gudmundsson) ou clásicos universais como o Decamerón, de Giovanni Boccaccio- irán destinados ás...

Ler máis

Os Premios Xerais xa teñen finalistas

Sábado, 05 Xuño 2010

Nova: Os Premios Xerais xa teñen finalistas

O pasado venres, día 4 de xuño de 2010, reuniuse no castelo de Soutomaior o xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que participaron trinta e oito obras,  formado por Comba Campoy  (actriz), Manuel Ángel Candelas Colodrón (profesor da Universidade de Vigo e blogueiro), Roberto Pérez Pardo (profesional do libro), Belén Regueira (xornalista), Antón...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?