Asociación Galega de Editores

Novas

O pregón de Cid Cabido inaugura hoxe os actos da Feira do Libro de Vigo

Venres, 02 Xullo 2010

Nova: O pregón de Cid Cabido inaugura hoxe os actos da Feira do Libro de Vigo

O escritor Xosé Cid Cabido será o encargado de ler hoxe ás 19.00 horas o pregón da XXXVI Feira do Libro de Vigo, que abre as súas portas un ano máis na céntrica Praza de Compostela. Dende hoxe e até o próximo 11 de xullo, os vigueses poderán entrar en contacto directo cun total de 48 autores. O programa conta con diversas conferencias, encontros e a presentación dun total de case vinte...

Ler máis

O mercado español do libro alcanzou unhas vendas no exterior de 442 millóns de euros no 2009

Xoves, 01 Xullo 2010

Nova: O mercado español do libro alcanzou unhas vendas no exterior de 442 millóns de euros no 2009

No medio da recesión do comercio mundial, as exportacións do libro lograron manter a súa cota de mercado cun saldo neto no 2009 de 206,88 millóns de euros (298,00 millóns no 2008), segundo o informe de Comercio Exterior do Libro 2009, dado a coñecer hoxe pola Federación Española de Cámaras do Libro (FEDECALI). Estas cifras poñen de manifesto, o esforzo do sector por defender a puxanza das...

Ler máis

O catálogo de Galaxia en Google acada récord de visitas

Xoves, 01 Xullo 2010

Nova: O catálogo de Galaxia en Google acada récord de visitas

Dende que Editorial Galaxia asinou co buscador de Google Books un acordo para presentar o libro galego nos escaparates da rede, o interese polas publicacións en galego en tódalas partes do mundo non deixou de crecer. Trátase de acceder aos autores e autoras de Galaxia, e máis ao seu fondo histórico, do mesmo xeito que se consulta o libro nas librarías: título e autor, xénero, cuberta, índice,...

Ler máis

Ideaspropias lanza un novo selo editorial en Sudamérica en colaboración coa colombiana Ediciones de la U

Mércores, 30 Xuño 2010

Nova: Ideaspropias lanza un novo selo editorial en Sudamérica en colaboración coa colombiana Ediciones de la U

Ideaspropias Editorial subscribiu un convenio coa empresa colombiana Ediciones de la U co obxectivo de potenciar a difusión das súas publicacións en Sudamérica. O resultado desta colaboración é un novo selo de coedición mediante o que os manuais da empresa editora viguesa comercializaranse en Bolivia, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Fonduras, Panamá, Perú, Porto Rico,...

Ler máis

Kalandraka edita "A historia do Rainbow Warrior" en coreano

Martes, 29 Xuño 2010

Nova: Kalandraka edita "A historia do Rainbow Warrior" en coreano

Os Libros para Soñar de Kalandraka viaxan por todo o mundo. En ocasións, gustan a editores doutros países, que adquiren os seus dereitos para traducilos ás súas respectivas linguas. Brasil, Australia, Francia, Alemaña, Xapón, Taiwan, Corea... son algúns deses lugares aos que chegaron moitos títulos do catálogo, que agora están a disposición de nenos e nenas que habitan noutros continentes,...

Ler máis

A Editorial Galaxia recupera as obras de Paco Martín

Martes, 29 Xuño 2010

Nova: A Editorial Galaxia recupera as obras de Paco Martín

No ano 1986 a obra Das cousas de Ramón Lamote (SM/Galaxia, 1985) mereceu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil do Estado español e converteu o seu autor, Paco Martín (Lugo, 1940), no primeiro galego en gañar este galardón. Pasados máis de vinte anos da publicación deste conxunto de relatos, o lugués agasallou o lectorado galego cun novo título, Das novas cousas de Ramón Lamote...

Ler máis

O editor de Duen de Bux estrea libraría en Ourense

Luns, 28 Xuño 2010

Nova: O editor de Duen de Bux estrea libraría en Ourense

Non haberá nos estantes best-sellers, nin sequera novidades literarias. Nada de ficción, a menos que sexa a que edita o propio Alfonso Prada, da editorial Duen de Bux. A nova libraría estará especializada -e limitada- na Historia, o Arte, o Deseño, a Historia do libro, a Documetación, e unha sección local que aborda Ourense como espazo literario: dende guías a ensaios, novelas o poemarios,...

Ler máis

A RAG escolle a Lois Pereiro para as Letras Galegas 2011

Luns, 28 Xuño 2010

Nova: A RAG escolle a Lois Pereiro para as Letras Galegas 2011

Lois Pereiro Sánchez será o poeta que protagonizará o Día das Letras Galegas do ano 2011. Así o decidiron onte os compoñentes da Real Academia Galega asistentes a unha sesión plenaria na que se trataron tamén «diversos asuntos de funcionamento interno», dixo o seu presidente, Méndez Ferrín.

Lois Pereiro Sánchez (Monforte de Lemos, 1958) marchou a Madrid con 17 anos e alí fundou a revista Loia...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?