Venres, 09 Xullo 2010
O Gremio de Editores de Catalunya ve "totalmente improvisado" o novo sistema de compra de libros dixitais que implantará a Consellería de Educación da Generalitat en setembro a raíz do plan Educat 1x1.
A plataforma será un escaparate de librarías virtuais que ofrecerán os libros dixitais en diferentes condicións e que colexios e familias poderán comprar soamente mediante un moedeiro...
Ler máisXoves, 08 Xullo 2010
A Asociación Brigada 21, creada para a difusión da novela negra e criminal, outorgou o premio á Mellor Novela en Castelán publicada en 2009 A praia dos afogados, de Domingo Villar, editada en galego por Galaxia e que tamén obtivo os seguintes galardóns: Premio Losada Diéguez, Libro do Ano pola Federación de Libreiros de Galicia, Finalista do Premio Libro do Ano do Gremio de Libreiros de...
Ler máisXoves, 08 Xullo 2010
O presidente da Federación de Gremios de Editores de España, Pedro de Andrés, criticou a "morneza" da Fiscalía Xeral do Estado na persecución dos delictos contra a propiedade intelectual. De Andrés pronunciouse así este mércores na inauguración do XXVI Encontro sobre a Edición dentro dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), baixo o título 'O futuro da edición:...
Ler máisMércores, 07 Xullo 2010
O responsable do programa Google Books en España, Luís Collado, asegurou que a súa empresa está a abrir "novas posibilidades de negocio" ás editoriais, e convidounas a "adaptarse ás novas realidades" se non queren converterse "en fabricantes de xeo". Ler noticia
Fonte: EFE
Martes, 06 Xullo 2010
A Federación de Gremios de Editores de España promove, dende 1984, todos os anos a celebración dun seminario dedicado á edición, froito dun convenio de colaboración que asina coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, co obxectivo de convocar e propiciar un foro de debate sobre as inquietudes do sector do libro do que se desprendan unhas conclusións que axuden aos seus profesionais no seu...
Ler máisLuns, 05 Xullo 2010
Cada vez que España gaña un partido en Suráfrica, o mundo do libro encaixa un gol en Vigo. Non é a teoría do caos nin unha revisión do popular efecto bolboreta; é unha faena para os escritores que van quedar sen facer promoción na Feira do Libro ante a perspectiva, pouco gorentosa, de ter que facelo mentres a escasos metros os seareiros da selección española animan os seus diante dunha...
Ler máisLuns, 05 Xullo 2010
O sector editorial español facturou durante o ano 2009 un total de 3.109,58 millóns de euros, o que representa unha diminución do 2,4% respecto das cifras do ano anterior, segundo os datos do estudo de Comercio Interior de Libro en España 2009, presentado hoxe pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e patrocinado polo Ministerio de Cultura e CEDRO. A pesar deste retroceso, a...
Ler máisVenres, 02 Xullo 2010
"Si prefieres que tus hijos estudien en español, te ayudaremos", destaca o blog amigosdegaliciabilingue.blogspot.com. Aínda que o nome deixa clara a súa vinculación, a web de Galicia Bilingüe (GB) asegura que é obra "dun grupo de pais anónimos" e "independentes".
No blog, estas persoas dan todas as instrucións para evitar que os seus alumnos reciban as materias que deben darse en galego neste...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.