Asociación Galega de Editores

Novas

Galaxia elixe aos gañadores do II Concurso de Fotografía sobre Lactación Materna

Martes, 03 Agosto 2010

Nova: Galaxia elixe aos gañadores do II Concurso de Fotografía sobre Lactación Materna

A pasada semana, na Sala de Xuntas da Editorial Galaxia, reuníronse os membros do xurado para escoller as fotografías gañadoras da II Edición do Concurso de Fotografía sobre Lactación Materna. O xurado estaba formado por Ana Cal Conde, en representación de Fedegalma, Manuel G. Vicente, fotógrafo, Conchi Rivera Puga, fotógrafa, e Francisco Castro, en representación de Editorial ...

Ler máis

Arrinca a Feira do Libro da Coruña

Luns, 02 Agosto 2010

Nova: Arrinca a Feira do Libro da Coruña

O ex ministro de Cultura César Antonio Molina abriu onte a 39 edición da Feira do Libro da Coruña cun pregón en defensa da lectura, en tódolos seus formatos, e declarando a súa especial querenza pola letra impresa. Acompañado polo alcalde coruñés, Javier Losada; polo director xeral de Promoción da Cultura, Francisco López e polo presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, o...

Ler máis

O 45% dos título editados no 2007 estaban en galego

Luns, 02 Agosto 2010

Nova: O 45% dos título editados no 2007 estaban en galego

Galicia edita máis títulos noutras linguas que en galego. Segundo o informe O capital galego, da Fundación Caixa Galicia  e coordinado por Alberto Meixide e Víctor Freixanes, no ano 2007 saíron máis libros editados noutras linguas que obras na fala propia do país. En concreto, Galicia rexistrouse un total de ISBN de 3.376. Desa cifra, 1.536 saíron en galego e 1.840 foron en castelán. Dese...

Ler máis

Xa está preparado o texto da nova Lei de Bibliotecas

Venres, 30 Xullo 2010

Nova: Xa está preparado o texto da nova Lei de Bibliotecas

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presidiu onte a reunión do Consello de Bibliotecas de Galicia, onde se presentou o censo de bibliotecas como punto de partida do Mapa de bibliotecas de Galicia e o texto definitivo da nova Lei, que será aprobada polo Consello da Xunta proximamente.

En canto á Lei, presentouse o texto que quedou finalmente tras ter rematado...

Ler máis

O capital da cultura

Xoves, 29 Xullo 2010

Nova: O capital da cultura

O numero de traballadores en entidades culturais caeu un 8,5 % entre xaneiro do ano 2009 e marzo do 2010, malia que o número de empresas culturais aumentou en 2009, ata chegar ás 3.383 compañías, o que supón un 3,8 por cento máis que en 2008. Esta é unha das conclusións do informe de Caixa Galicia O Capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia, coordinado por Víctor F....

Ler máis

Telefónica apoia a distribución dos libros electrónicos

Xoves, 29 Xullo 2010

Nova: Telefónica apoia a distribución dos libros electrónicos

Telefónica e a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) chegaron a un acordo de colaboración para que as editoriais españolas, especialmente as pemes, suban á onda dos ebooks.

As editoriais españolas poderán coñecer de primeira man o xeito de dixitalizar e comercializar as súas obras a través de Internet grazas a unha serie de iniciativas concretas que inclúen formación e pilotos de...

Ler máis

Xerais prepara importantes novidades editoriais para o outono

Mércores, 28 Xullo 2010

Nova: Xerais prepara importantes novidades editoriais para o outono

Por unha banda, verá a luz á volta do verán a nova novela de Manuel Rivas Todo é silencio, unha historia que xirará arredor do mundo do contrabando de Brétema, unha vila inventada. «Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes. O contrabando é simplemente o pano de fondo»,...

Ler máis

A novela "Dragal" chegará a través do bookcrossing a varios aeroportos do mundo

Martes, 27 Xullo 2010

Nova: A novela "Dragal" chegará a través do bookcrossing a varios aeroportos do mundo

A escritora Elena Gallego Abad uniuse a unha curiosa iniciativa chamada bookcrossing coa súa última obra, Dragal, a herdanza do dragón, a cal está publicada pola editorial Xerais dentro da súa colección Fóra de xogo. O bookcrossing pódese definir como unha técnica de "liberación" de diversos exemplares de libros en espazos públicos para que os recolla quen queira, notifique na páxina web a súa...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?