Asociación Galega de Editores

Novas

Presentada Edicións Barbantesa, novo selo de Rinoceronte

Mércores, 11 Agosto 2010

Nova: Presentada Edicións Barbantesa, novo selo de Rinoceronte

Coa creación de Rinoceronte Editora en 2005, o mundo do libro en Galicia gañou un selo orixinal que anovou a edición do país. Desa firma nacería anos despois unha nova editorial chamada Morgante. Agora, á factoría Rinoceronte únese unha nova marca: Edicións Barbantesa, que onte se presentou ao público na Feira do Libro da Coruña. O seu obxectivo é converterse nun referente cultural na chamada...

Ler máis

Finaliza a Feira do Libro da Coruña cun bo número de visitantes e un 10% de baixada das vendas

Mércores, 11 Agosto 2010

Nova: Finaliza a Feira do Libro da Coruña cun bo número de visitantes e un 10% de baixada das vendas

Un dez por cento menos de vendas, máis de 200.000 visitantes, 60 actos, 50 autores presentando ou asinando os seus libros e 45 casetas participantes. Son as principais cifras que resumen as actividades de dez días da 39 ª edición da feira do libro da Coruña, que concluíu onte nos xardíns de Méndez Núñez.

No resumo facilitado polos organizadores, a Federación de Libreiros de Galicia, en...

Ler máis

El Patito Editorial leva a súa recente produción ao Salón do Cómic da Coruña

Martes, 10 Agosto 2010

Nova: El Patito Editorial leva a súa recente produción ao Salón do Cómic da Coruña

O Salón do Cómic da Coruña, Viñetas desde o Atlántico, que se celebra ata o 15 de agosto, acollerá a presentación da edición en galego d'A Mansión dos Murmurios, de Tirso Cons, David Muñoz e Javi Montes, editados por, El Patito Editorial, que presentará tamén Caperucita Roja, de Víctor Rivas e Martin Powell.

A Mansión dos Murmurios é a tradución ao galego do primeiro volume da serie creada...

Ler máis

Ideaspropias presenta o seu novo selo editorial na Feira de Bogotá

Martes, 10 Agosto 2010

Nova: Ideaspropias presenta o seu novo selo editorial na Feira de Bogotá

A 23ª edición da Feira do Libro de Bogotá, que comeza mañá e se celebrará até o 23 de agosto no Centro Internacional de Feiras e Exposicións da capital de Colombia, será o escenario da presentación oficial do novo selo editorial que a empresa viguesa Ideaspropias Editorial acaba de lanzar en colaboración coa colombiana Edicións da U co obxectivo de potenciar a difusión das súas publicacións en...

Ler máis

Os editores falan de tiradas máis reducidas e menos edicións ata finais de ano

Luns, 09 Agosto 2010

Nova: Os editores falan de tiradas máis reducidas e menos edicións ata finais de ano

«De aquí a fin de ano vaise notar unha redución como mínimo dun 20 por cento dos títulos previstos». Isto apunta Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores Galegos e director de Xerais despois de indicar que a Feira do Libro da Coruña, que pecha mañá, martes, é un dos tres termómetros anuais sobre a situación do sector en Galicia. Os outros dous son «do 23 de abril ata o 17 de maio,...

Ler máis

Escolares galegos visitan as instalacións de Kalandraka

Xoves, 05 Agosto 2010

Nova: Escolares galegos visitan as instalacións de Kalandraka

A nave dos Libros para Soñar de Kalandraka en Redondela recibiu a un grupo de invitados cativos que están pasando parte das súas vacacións no campamento de verán de Campo Lameiro. Estes nenos e nenas, acompañados por pais e nais, quixéronse achegar por uns intres á cociña das palabras e das imaxes que teñen en Kalandraka. E así, aprenderon que os libros se fan a partir do traballo creativo...

Ler máis

América ocupa o segundo posto dos mercados da produción editorial española

Xoves, 05 Agosto 2010

Nova: América ocupa o segundo posto dos mercados da produción editorial española

España é a cuarta potencia editorial do mundo e o continente americano é un mercado prioritario para o libro español, tanto polas dimensións do mesmo como pola súa proximidade cultural. América é o segundo destino -só superado pola Unión Europea- para as exportacións editoriais españolas con 226,12 millóns de euros, delas, 216,53 millóns son exportacións do Sector Editorial e só 9,5 millóns...

Ler máis

Éxito de sinaturas de obras na Feira do Libro da Coruña

Mércores, 04 Agosto 2010

Nova: Éxito de sinaturas de obras na Feira do Libro da Coruña

Tanto a rolda de sinaturas como a presentación de "Luz de tebra" (Ed. Xerais) do médico Ángel Vázquez de la Cruz congregaron na tarde de onte a un espectacular número de persoas na Feira do Libro da Coruña.

Manuel Bragado, director de Xerais, lembrou como coñeceu a Vázquez de la Cruz precisamente na presentación de O lapis do carpinteiro e apuntou que o novo libro contiña «unha ducia de...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?