Asociación Galega de Editores

Novas

A web de Galaxia permite ler libros sen saír do "site"

Mércores, 01 Setembro 2010

Nova: A web de Galaxia permite ler libros sen saír do "site"

Xa é posible, dende primeiros de agosto, ler boa parte dos libros do catálogo da Editorial Galaxia sen deixar en ningún instante a navegación pola propia web. Así, a diferenza doutras páxinas nas que hai que abandonar o 'site' no que aparece o libro para desprazarse ao de Google, con esta nova aplicación conseguen que, unha vez vistas e lidas as páxinas desexadas, o internauta volva á ...

Ler máis

Últimos días para inscribirse no Congreso IBBY 2010 que se celebrará en Compostela

Martes, 31 Agosto 2010

Nova: Últimos días para inscribirse no Congreso IBBY 2010 que se celebrará en Compostela

Do 8 ao 12 de setembro de 2010 celebrarase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o 32º Congreso Internacional do IBBY. Este encontro, que xirará arredor do tema "A forza das minorías", supón un dos maiores acontecementos internacionais arredor da literatura e da edición que se teñan celebrado en Galicia.

Ademais do stand expositivo que presentará a AGE coa selección da mellor...

Ler máis

Kalandraka conquista Brasil

Luns, 30 Agosto 2010

Nova: Kalandraka conquista Brasil

Os primeiros títulos de Kalandraka Brasil xa están nas librarías, bibliotecas e fogares dese país, e pronto chegarán tamén ás escolas: "Grão de milho", da galega Olalla González e do suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger, "A zebra Camila", dos galegos Marisa Núñez e Óscar Villán, "O leão Kandinga", do camerunés Boniface Ofogo e da zaragozana Elisa Arguilé, e as dúas obras galardoadas co...

Ler máis

Arraianos reflexiona sobre as fronteiras

Venres, 27 Agosto 2010

Nova: Arraianos reflexiona sobre as fronteiras

A revista Arraianos, dirixida por Aser Álvarez e coordinada por Suso Díaz, e promovida pola Asociación Arraianos, saca á  uz, da man de Alvarellos Editora, un novo monográfico, o seu número VIII, titulado “Vivir na raia”, que será presentado ao público a mediados de setembro en Santiago. Participan nel máis de sesenta colaboradores entre escritores, fotógrafos e ilustradores. Este número, de...

Ler máis

As bibliotecas saen á rúa

Venres, 13 Agosto 2010

Nova: As bibliotecas saen á rúa

Durante todo o mes de agosto, a Biblioteca do Forum Metropolitano da Coruña está presente, en dúas quendas establecidas de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 20.30 horas, no Parque Europa cun carriño cheo dunha selección de obras, tanto dirixidas a lectores adultos como para lectores infantís. O obxectivo desta campaña emprendida desde o Concello herculino é dar a coñecer a existencia das Bibliotecas...

Ler máis

A Bienal de Sao Paulo abre as súas portas

Xoves, 12 Agosto 2010

Nova: A Bienal de Sao Paulo abre as súas portas

A Bienal Internacional do Livro de São Paulo, que hoxe comeza e estará aberta ata o día 22, é o momento máis importante do mercado editorial brasileiro. Constitúe o escenario para o encontro das principais editoras, librarías e distribuidoras do país, que preparan os seus lanzamentos para esa época. Serán arredor de 350 expositores que representan a máis de 900 selos editoriais

Ademais da...

Ler máis

Máis bibliotecas escolares para o novo curso

Xoves, 12 Agosto 2010

Nova: Máis bibliotecas escolares para o novo curso

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria integrará o vindeiro curso escolar a 374 centros na rede de bibliotecas escolares de Galicia, polo que se suman 79 novos centros aos que xa formaban parte do Plan Lía.

A Consellería inviste neste programa un total de 1.182.000 euros, en réxime de cofinanciamento co Ministerio de Educación, destinados á renovación e actualización dos fondos...

Ler máis

Unha mostra bibliográfica inaugurará a Cidade da Cultura

Xoves, 12 Agosto 2010

Nova: Unha mostra bibliográfica inaugurará a Cidade da Cultura

Unha exposición sobre Ex libris de obras galegas servirá para inaugurar a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, os primeiros edificios da Cidade da Cultura en abrir ao público. Segundo publica La Voz de Galicia, a Xunta convocou o concurso público que prevé investir 226.560 euros na organización da mostra, incluíndo vitrinas, medidas de seguridade e outros elementos. A data probable da...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?