Asociación Galega de Editores

Novas

Éxito de visitas no stand da AGE no IBBY

Xoves, 09 Setembro 2010

Nova: Éxito de visitas no stand da AGE no IBBY

Dende onte día 8 de setembro e ata o vindeiro día 12, o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acolle a 32º edición do International Board on Books for Young People (IBBY). Trátase dun congreso internacional e con carácter bianual no que participarán máis de medio milleiro de persoas de todo o mundo que traballan no eido da edición e difusión da literatura infantil e xuvenil.

Ademais dos...

Ler máis

Hércules recolle as rutas xacobeas en 14 volumes

Mércores, 08 Setembro 2010

Nova: Hércules recolle as rutas xacobeas en 14 volumes

A Gran Obra dos Camiños de Santiago. Iter Stellarum, un ambicioso proxecto editorial, recompila cada unha das rutas xacobeas desde todos os prismas visibles. O proxecto, que polo de agora está composto por 14 volumes, presentouse onte na Galería Sargadelos de Lugo.

A Gran Obra está concibida coa finalidade de ofrecer unha visión global do Camiño como a "vía de vías" que é, percorrendo e...

Ler máis

A FGEE falla os premios ao Fomento da Lectura nos medios de comunicación

Martes, 07 Setembro 2010

Nova: A FGEE falla os premios ao Fomento da Lectura nos medios de comunicación

A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) concedeu os IX Premios ao Fomento da Lectura 2010 aos Medios de Comunicación, á axencia de noticias EFE, na categoría de Prensa, ao programa "Páxina 2" da 2 na categoría de Televisión e ao programa "Pompas de papel" de Radio Euskadi, na categoría de Radio. Os galardóns entregaranse en Barcelona durante a celebración da 28 edición de Liber, a...

Ler máis

Manuel Bragado critica o retraso das compras para bibliotecas

Luns, 06 Setembro 2010

Nova: Manuel Bragado critica o retraso das compras para bibliotecas

Manuel Bragado criticou  "un enorme atraso" na adquisición de novidades editoriais para as bibliotecas por parte da Consellería de Cultura, á vez que denunciou que a Xunta "non adquirira ningún libro editado en 2009" para este tipo de centros.

O presidente da AGE e director de Xerais reclámalle á Xunta que os contratos se asinen "con maior celeridade" para "cambiar" unha situación na que...

Ler máis

A universidade alemá de Kiel publica versos de catro poetas galegos nunha edición bilingüe

Luns, 06 Setembro 2010

Nova: A universidade alemá de Kiel publica versos de catro poetas galegos nunha edición bilingüe

Desde hai unha década, Javier Gómez-Montero, catedrático do Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel, no norte de Alemaña, ten un taller literario do que saíron diversas publicacións. A última delas foi presentada onte na Fnac da Coruña e recolle por primeira vez poemas de catro autores galegos nunha edición bilingüe galego-alemán. «Son un total de 35 poemas dos catro poetas»,...

Ler máis

Outono de novidades editoriais

Venres, 03 Setembro 2010

Nova: Outono de novidades editoriais

Coma sempre, o último trimestre do ano é especialmente fecundo no que se refire ás novidades literarias da nosa editorial. Entre outros, destacan, na colección Literaria, a publicación do Premio Manuel García Barros deste ano, Obediencia de Antón Lopo, o Blanco Amor, que recaeu no escritor Iván García Campos, coa súa obra O imposible de desatar, ou a nova novela de Víctor F. Freixanes, Cabalo...

Ler máis

O prezo dos libros de texto baixa por primeira vez en case vinte anos

Xoves, 02 Setembro 2010

Nova: O prezo dos libros de texto baixa por primeira vez en case vinte anos

Os prezos dos libros de texto para o curso académico 2010-2011 rexistraron un moderado descenso do 0,50%, no seu conxunto, caída que aumenta a un 3,61% no caso dos manuais de Educación Secundaria Obrigatoria. Esta rebaixa é a primeira que se rexistra desde 1993, segundo o informe anual realizado pola Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (ANELE).

Por niveis...

Ler máis

Moitos colexios galegos aínda non concretaron o seu proxecto lingüístico para o curso

Mércores, 01 Setembro 2010

Nova: Moitos colexios galegos aínda non concretaron o seu proxecto lingüístico para o curso

A dez días de que empecen as clases, hai centros educativos que aínda non decidiron en que idioma se dará cada materia, colexios que si o teñen claro, desde finais de xuño, pero fáltalles a asignación de profesores e pais que ignoran en que lingua teñen que mercar os libros que este ano se estrean ao cambiar a repartición idiomática coa normativa trilingüe.

Este curso, Matemáticas, Física e...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?