Martes, 14 Setembro 2010
A Asemblea Xeral do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil, que se celebrou entre o 8 e o 12 de setembro en Santiago de Compostela, acordou nomear a escritora Marilar Aleixandre como membro do Comité Executivo da organización. Grazas a este nomeamento a lingua, a literatura e a cultura galega medrarán en visibilidade a nivel internacional. As actuacións e programas de IBBY son...
Ler máisMartes, 14 Setembro 2010
A partir de hoxe estará nas librerías a tradución ao galego de Reckless. Carne de pedra, a última novela de Cornelia Funke. A coidadosa tradución, que levou á cabo María Xesús Bello Rivas, poderá adquirirse nas librerías o mesmo día en que se produce o seu lanzamento mundial nas principais linguas europeas, lanzamento no que tamén participa Xerais.
O día 14 de setembro foi elixido para a...
Ler máisMartes, 14 Setembro 2010
As instalacións do Museo do Pobo Galego acollen este mes de setembro unha selección das creacións artísticas que realizaron os máis de 25.000 escolares que participaron nos obradoiros do proxecto europeo Os Contos do Camiño/Los Cuentos del Camino/Os Contos do Caminho/Les Contes du Chemin en Bordeaux (Francia), Évora, Óbidos, Beja, Pombal (Portugal), Madrid e Santiago de Compostela.
A mostra é...
Ler máisLuns, 13 Setembro 2010
O sabor de boca que deixou o congreso foi cualificado como moi positivo entre os galegos implicados. Así, Manuel Bragado, director da editorial Xerais, presidente dos editores galegos e membro da organización sinala que o seu principal sentimento era o do "orgullo, xa que foi un congreso plenamente internacional, con case 70 países representados, e orgullo tamén pola calidade das intervencións...
Ler máisLuns, 13 Setembro 2010
Os editores que participan na cita literaria Conversacións de Formentor (Mallorca) criticaron «o crecente empobrecemento e a banalización da cultura na sociedade», que lles impide facer chegar aos lectores libros que «escapen do ditado da industria do puro entretemento».
Así o expoñen nas conclusións dun encontro a porta pechada celebrado en Formentor, no que participaron tanto representantes...
Ler máisLuns, 13 Setembro 2010
O presidente da AGE debullou nunha entrevista concedida ao xornal El País toda a situación que atravesa o sector. Ademais da xa coñecida redución das vendas en ata un 15% e dos retrasos nos pagamentos das axudas públicas, Bragado refírese a unha "crise do modelo de edición cultural baseado na edición de autor e na libraría de fondo". Engade que "xa non se editan xéneros nin libros, senón...
Ler máisVenres, 10 Setembro 2010
Un total de 96 ilustradores de 27 nacionalidades participan na exposición Blue Book Group, organizada polo Concello de Santiago e Kalandraka, que se poderá visitar na Galería Sargadelos ata o vindeiro 8 de outubro. Esta mostra, que se inscribe no marco das actividades do 32º Congreso Internacional da IBBY que se celebra na cidade, inclúe a obra de tres artistas afincados en Galicia: Óscar...
Ler máisVenres, 10 Setembro 2010
Arxentina desembarcará na Feira do Libro de Frankfurt deste ano, na que é invitada de honra, con 60 escritores, entre os que hai figuras consagradas como o poeta Juan Gelman e autores novos como Fabián Casas, Félix Bruzzone ou Laura Alcoba. Así, representarán diversos xéneros coma a literatura infantil, a novela policial ou aquela que xira en torno á ditadura militar.
Fonte: Galicia Hoxe
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.