Asociación Galega de Editores

Novas

O libro "As rulas de Bakunin", editado por Galaxia, cada vez máis internacional

Venres, 24 Setembro 2010

Nova: O libro "As rulas de Bakunin", editado por Galaxia, cada vez máis internacional

A novela de Antón Riveiro Coello foi seleccionada para formar parte de Panel Outono/Inverno 2010 do proxecto de Venda de Dereitos no Reino Unido www.newspanishbooks.com New Spanish Books é un proxecto promovido polo ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) para fomentar a tradución da literatura publicada en España no Reino Unido. Dos 228 títulos propostos polas editoras para esta...

Ler máis

Só o 5% dos lectores españois le libros en soportes dixitais

Venres, 24 Setembro 2010

Nova: Só o 5% dos lectores españois le libros en soportes dixitais

O 91,1% da poboación española maior de 14 anos afirma ler en calquera tipo de material, formato e soporte, xa sexa impreso ou dixital cunha frecuencia, polo menos, trimestral. Deles, o 86,2% le, polo menos, unha vez por semana, son os chamados lectores frecuentes. O 9% da poboación non le nada. Estas conclusións recóllense no Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros correspondente ao...

Ler máis

Manuel Rivas e César Vidal participarán no ciclo "Auria" de obras históricas

Xoves, 23 Setembro 2010

Nova: Manuel Rivas e César Vidal participarán no ciclo "Auria" de obras históricas

Auria chegará a Ourense o próximo 10 de outubro. Dende entón e durante unha semana, nesta gran cita monográfica dedicada á literatura histórica pasarán pola cidade autores, profesionais e lectores dun xénero que se atopa entre os máis seguidos polos seareiros dos libros. A iniciativa, programada dentro do marco do Xacobeo 2010 e do Ano do Libro e da Lectura, conta co apoio da Consellería de...

Ler máis

As editoriais Alba e Akal conseguen o Premio de Labor Editorial

Xoves, 23 Setembro 2010

Nova: As editoriais Alba e Akal conseguen o Premio de Labor Editorial

As editoriais Alba e Akal obtiveron ex aequo o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural correspondente ao ano 2010. Este galardón, que concede o Ministerio de Cultura, ten por obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacase pola súa achega sobresaliente e innovadora á vida cultural española durante 2009. Ten carácter honorífico e, por...

Ler máis

Xurxo Sierra Veloso faise co Premio Repsol de narrativa breve

Mércores, 22 Setembro 2010

Nova: Xurxo Sierra Veloso faise co Premio Repsol de narrativa breve

Francisco Pillado Maior, voceiro do xurado do IV Premio de Narrativa Breve Repsol leu hoxe na Fundación Seoane o fallo do xurado que deu como gañador o escritor Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) pola súa obra Os Fíos. O Premio está dotado con nove mil euros e coa publicación da obra na Editorial Galaxia. Corenta e unha foron as obras orixinais e inéditas que, cunha extensión mínima de 50...

Ler máis

Pontevedra acollerá en novembro o Culturgal

Mércores, 22 Setembro 2010

Nova: Pontevedra acollerá en novembro o Culturgal

O Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, celebrarase finalmente no Pazo de Cultura de Pontevedra os días 25, 26 e 27 de novembro. Deste xeito, o Culturgal decidirase pola cidade do Lérez e non pola Coruña, a sede que inicialmente ía acollelo en decembro. A Asociación Culturgal -creada no pasado verán para encargase de levar a cabo a feira cultura- decidiu o cambio de emprazamento...

Ler máis

Digalego pasa a ser de pagamento desde outubro

Mércores, 22 Setembro 2010

Nova: Digalego pasa a ser de pagamento desde outubro

É un sitio web de referencia para consultar dúbidas con respecto ao idioma, desde significado, equivalencias ata equilencias noutras linguas. Digalego, o dicionario en liña de Ir Indo Edicións, deixará de ser de balde en outubro. Será entón cando se impoña un sistema de subscrición anual por 38.80 euros (hai unha oferta de lanzamento por 19.90 euros). Segundo a empres, conta con 400.000...

Ler máis

Os editores galegos lémbranlle á Xunta o valor estratéxico do libro

Martes, 21 Setembro 2010

Nova: Os editores galegos lémbranlle á Xunta o valor estratéxico do libro

A nova executiva da Asociación Galega de Editores (AGE) reuniuse onte co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e co director xeral de Promoción e Difusión de Cultura, Francisco López, para tratar os obxectivos do sector para o próximo exercicio. Nesta xuntanza, os editores lembráronlle a Varela o valor estratéxico do libro. "O que debemos ter presente é que o libro debe ser considerado un...

Ler máis

673 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?