Asociación Galega de Editores

Novas

O Consello da Cultura Galega, en Liber

Xoves, 30 Setembro 2010

Nova: O Consello da Cultura Galega, en Liber

O Consello da Cultura Galega, xunto co Institut d´Estudis Catalans e a Real Academia da Lengua Vasca (Euskaltzaindia), está presente cunha escolma das súas publicacións en LIBER-2010, 28ª Feira Internacional do Libro, que se celebra ata o 1 de outubro na Fira de Barcelona.

As tres institucións culturais comparten un espazo (D-491) no que dan a coñecer algunhas mostras das súas...

Ler máis

Visita a Galaxia dos alumnos e alumnas do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires

Xoves, 30 Setembro 2010

Nova: Visita a Galaxia dos alumnos e alumnas do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires

Esta semana a editorial Galaxia recibiu a visita de 24 alumnos e 3 profesores do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol, un centro escolar de Bos Aires co plan educativo en galego, con 500 alumnos en tres niveis (infantil, primaria e secundaria).

Os visitantes coñeceron parte da historia de Galaxia, das instalacións da editorial e do seu funcionamento. Ademais, agasallaron á empresda cunha...

Ler máis

Ideaspropias estrea web

Xoves, 30 Setembro 2010

Nova: Ideaspropias estrea web

Ideaspropias Editorial acaba de inaugurar a súa nova páxina web (www.ideaspropiaseditorial.com), un portal desenvolvido baixo a cultura 2.0 co que a compañía confirma a súa aposta polo cliente e pola internacionalización, cun acceso específico para os usuarios de mercados internacionais en idiomas inglés e español.

A editorial é consciente da importancia de dispor dun portal centrado no...

Ler máis

Os editores defenden en Liber a transformación do modelo de negocio do libro

Xoves, 30 Setembro 2010

Nova: Os editores defenden en Liber a transformación do modelo de negocio do libro

A industria do libro terá que afrontar "unha reconversión para facer fronte á necesaria transformación do modelo de negocio e do comercio do libro" ante a irrupción das novas tecnoloxías, pero tamén para saír reforzados da crise, segundo anunciou en Barcelona, Pedro de Andrés, Presidente da Federación de Gremios de Editores de Editores de España (FGEE), durante a súa intervención na...

Ler máis

Galaxia edita o libro "Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra 1936-1945

Martes, 28 Setembro 2010

Nova: Galaxia edita o libro "Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra 1936-1945

Unha achega fundamental para un mellor coñecemento do proceso de represión franquista. Os cárceres en Galicia nos primeiros anos da ditadura franquista son o tema da investigación desenvolvida neste libro a partir da documentación dos centros de reclusión e de fontes de carácter lexislativo, militar e estatístico, ademais da importante memoria dos presos. Autor: Domingo Rodríguez Teijeiro.

Ler máis

Xerais devólvelle a voz á Premio Nobel Herta Müller

Martes, 28 Setembro 2010

Nova: Xerais devólvelle a voz á Premio Nobel Herta Müller

Randea do alento é o título da novela de Herta Müller que estes días chega ás librerías da man de Xerais con tradución de Marga do Val. Esta é a segunda vez que unha obra da escritora romanesa -Premio Nobel de Literatura do 2009- se verte ao galego tras a publicación no ano 2001 de O home é o gran faisán do mundo.

En Randea do alento, Müller inicia a súa historia no 1945, cando se inicia a...

Ler máis

A Xunta impulsa unha campaña de fomento da lectura en primaria

Martes, 28 Setembro 2010

Nova: A Xunta impulsa unha campaña de fomento da lectura en primaria

A campaña ten como principal obxectivo promover obras significativas entre máis de 2.200 nenas e nenos de 5º e 6º de primaria, a través de versións sonoras preparadas para animar a lectura sobre o soporte en papel. 50 centros do Plan de mellora de bibliotecas, (12 da provincia da Coruña, 12 de Lugo, 14 de Ourense e 12 de Pontevedra) acollerán a actividade na que o audiolibro será o material...

Ler máis

A Feira do Libro Liber acollerá a produción literaria de 23 editoras da AGE

Luns, 27 Setembro 2010

Nova: A Feira do Libro Liber acollerá a produción literaria de 23 editoras da AGE

Todo está preparado para que abra as súas portas a Feira de libros máis importante do estado. Trátase de Liber, un evento que este ano se celebra no recinto feiral Gran Vía da Fira de Barcelona do 29 de setembro ao 1 de outubro.

Serán un total de 23 as editoras asociadas á AGE que amosen as súas novidades nos andeis do stand patrocinado pola Consellería de Cultura e Turismo e que está situado...

Ler máis

673 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?