Asociación Galega de Editores

Novas

Comeza o Ano Cunqueiro cunha exposición itinerante, dez faladoiros e un congreso internacional

Martes, 18 Xaneiro 2011

Nova: Comeza o Ano Cunqueiro cunha exposición itinerante, dez faladoiros e un congreso internacional

O 17 de xaneiro deu comezo o Ano cunqueiro coa presentación pública do programa de actividades conmemorativas do centenario do escritor (1911-1981), que se iniciarán en Vigo en febreiro e rematarán en Mondoñedo a finais de decembro.

O acto de inauguración foi celebrado na Biblioteca do Consello da Cultura Galega baixo a presidencia de Ramón Villares e do Conselleiro de Cultura, Roberto...

Ler máis

Convocados os Premios da Edición

Luns, 17 Xaneiro 2011

Nova: Convocados os Premios da Edición

A  Asociación Galega de Editores puxo hoxe en marcha a convocatoria dos Premios da Edición correspondentes ao ano 2010. Os premios da edición foron convocados por primeira vez no ano 2005 co fin de recoñecer o traballo realizado ao longo do ano polos editores. A edición do ano 2010 conta cunha nova modalidade na que se pretende recoñecer o libro educativo, de calquera nivel de ensino ou...

Ler máis

Nova novela colectiva na rede

Domingo, 16 Xaneiro 2011

Nova: Nova novela colectiva na rede

To be continued novo concurso de novela ilustrada para todos os usuarios da internet, conta coa colaboración do proxecto Ediciona, Soopbool, Aloído, Dosdoce, e o Instituto Cervantes. 

A iniciativa nace coa intención de crear un libro de calidade,  escrito e ilustrado polos usuarios da red que comezará o vindeiro 19 de xaneiro coa publicación na web de to be continued  dun primeiro capítulo de...

Ler máis

O sector cultural contará cunha plataforma de datos sectoriais

Domingo, 16 Xaneiro 2011

Nova: O sector cultural contará cunha plataforma de datos sectoriais

O CCG presentou unha  potente aplicación web que permitirá coñecer datos  debidamente actualizados do sector cultural galego.  O informe máis recente destaca  que os datos do ano 2010 indican que o sector cultural galego está a crear emprego mentre no resto dos sectores aumenta o paro.  

 

Manuel Gago, director do portal cultural www.culturagalega.org, lembrou a traxectoria de máis dunha...

Ler máis

A vida cultural galega homenaxeou onte a D. Paco

Sábado, 15 Xaneiro 2011

Nova: A vida cultural galega homenaxeou onte a D. Paco

A sociedade e a cultura do país rendiron onte en Vigo unha gran homenaxe ao intelectual e insigne galeguista que foi Francisco Fernándel del Riego, académico, fundador da Editorial Galaxia e da revista Grial, e recoñecido e premiado ensaísta. Un acto con momentos emotivos como o recordo que tivo para el o seu amigo Alfonso Zulueta. 

“Non estamos aquí despedindo a ninguén”, dixo o director da...

Ler máis

Vixésimo aniversario de Edicións Laiovento

Venres, 14 Xaneiro 2011

Nova: Vixésimo aniversario de Edicións Laiovento

Fundada no ano 1991, Laiovento leva publicados 370 títulos, algúns deles, como 55 mentiras sobre a lingua galega, auténticos éxitos de venda. Francisco Pillado, fundador e actual director do selo, sinala que o seu primeiro libro foi publicado a comezos dese ano, aínda que a formalización da súa  fundación tivo lugar en decembro do ano 1990.

O profesor Beiras, tamén fundador,  tivo un papel...

Ler máis

Seminario de Avaliación de Materiais Educativos

Mércores, 12 Xaneiro 2011

Nova: Seminario de Avaliación de Materiais Educativos

 

O II Seminario de Avaliación de materiais educativos ten como principal obxectivo proporcionar ao profesorado criterios que lle axuden a seleccionar e avaliar os recursos
educativos tanto en soporte impreso como dixital. A actividade ofrece ao profesorado propostas e modelos de avaliación
para analizar e seleccionar os diferentes tipos de materiais (libros de texto, guías didácticas, Cds,...

Ler máis

Novos retos TIC para a educación superior e empresarial

Mércores, 12 Xaneiro 2011

Nova: Novos retos TIC para a educación superior e empresarial

A aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación en ámbitos profesionais como na educación superior e na empresa supoñen un reto baseado no concepto de innovación. A educación e a mellora do tecido empresarial son os pilares do desenvolvemento da sociedade e tamén unha garantía para xerar emprego e riqueza.

A vantaxe do mundo da tecnoloxía é evidente no desenvolvemento de...

Ler máis

673 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?