Mércores, 13 Abril 2011
Aurora Lestón Mayo, autora da obra O vákner e o dragón, publicada por Toxosoutos fixo unha explicación plausible da figura mitolóxica do vákner e da súa posible identificación cun dragón.O vákner, unha das figura mitolóxicas máis misteriosas do imaxinario galego, documentada sobre todo nas lendas de tradición oral da zona de Cee e Fisterra, foi o tema elixido pola escritora muradá Aurora...
Ler máisMartes, 12 Abril 2011
O colectivo dos editores galegos participará este ano en sete feiras internacionais do libro. A AGE estivo presente cos libros dos seus asociados no stand colectivo da Dirección Xeral do Libro na Feira do Libro para rapaces de Boloña, o pasado mes de marzo, e estará dentro dunha semana na Feira do Libro de Bos Aires. Tamén participará nese stand colectivo no Salón lLiber, na Feira...
Ler máisLuns, 11 Abril 2011
Servos e escravos altomedievais no noroeste da península Ibérica de Marcos Fernández foi unha das obras galardoadas no X Premio de Historia Medieval de Galicia convocado pola Editorial Toxosoutos en Carnota. A outra autora premiada foi Andreia Catarina Magalhaes, polo traballo titulado Elementos de adorno altimediévicos em Portugal. Ambos autores aludiron á importancia dunha iniciativa que fai...
Ler máisLuns, 11 Abril 2011
A obra titulada "El camino de Olaj", de Martín León-Barreto Johnson (Montevideo, 1973) é a gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que convocan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. O traballo titulado "Al otro lado", de Moisés Yagües Fernández (Murcia, 1972), foi finalista do certame, mentres que "¿Quién quieres ser?", de Arianna Papini...
Ler máisLuns, 11 Abril 2011
A II Semana do Libro e a Lectura arrancou onte, domingo 10, ás 12 da mañá, coa presentación do CD/DVD Abracadabras, do grupo Pirilampo e con letras de Marica Campo, e rematará o venres día 15 coa proxección da serie audiovisual de OQO Editora "Caracois" como clausura.
Esta II Semana do Libro e a Lectura será un espazo aberto e dinámico no que os pequenos e pequenas, os libros, a fantasía, a...
Xoves, 07 Abril 2011
A obra Leyendas y milagros del Camino de Santiago, escrita polo profesor Xosé Ramón Mariño Ferro e publicada pola editorial asentada en Pontevedra Ellago Ediciones, resultou ser un dos 10 libros escollidos, entre os máis de 200 presentados, para que os seus dereitos se poñan á venda no mercado anglófono.
Baixo a etiqueta New Spanish Books, o Instituto Español de Comercio Exterior coordina,...
Ler máisXoves, 07 Abril 2011
24symbols.com é a plataforma web que segue os pasos do spotify, e ofrece lecturas en red sin que os usuarios teñan que descargar os libros en ningún formato, evitando a venta e os dereitos de copia.
Aínda así, esta plataforma ofrece polo de agora un catálogo limitado de títulos pero que se irán amplicando a través de acordos coas editoriais. A web estará en fase de experiementación ata o mes...
Ler máisXoves, 07 Abril 2011
Espazo ebook é a libraría dixital da editorial máis antiga de Galicia, a da Universidade de Santiago. Este Espazo inaugurase con preto de 50 novidades dos anos 2009, 2010 e 2011 en formatos PDS e ePub descargables para monitores, portatextos e móbiles
Xunto coa apertura de Espazo Ebook, a USC ten previsto asinar un novo acordo con Google Books que suporá, "xa non só o mero acceso informativo...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.