Asociación Galega de Editores

Novas

Seix Barral cumpre 100 anos

Luns, 20 Xuño 2011

Nova: Seix Barral cumpre 100 anos

No ano 1911 Victoriano Seix Miralta, fillo do litógrafo Victoriano Seix, asociouse aos irmáns Luis e Carlos Barral Nualart para poñer en  marcha un negocio de impresión e edición de textos. A industria gráfica resultante, Seix y Barral Hermanos, foi o xermolo da veterana Editorial Seix Barral

Antes de transformarse no selo de referencia a empresa deu moitas voltas, sufrindo tamén as...

Ler máis

Chamádeme Simbad, tamén en castelán

Venres, 17 Xuño 2011

Nova: Chamádeme Simbad, tamén en castelán

A novela de Francisco Castro, CHAMÁDEME SIMBAD, sae estes días traducida ao castelán e ao catalán en Tàndem Edicións, con novas ilustracións a cargo do tamén galego Xan López Domínguez.


Na súa orixinal edición en galego, esta obra dirixida a un público infantil, e da que xa gozaron máis de 7.500 nenos e nenas de Galicia, recibiu recentemente o Premio Frei Martín Sarmiento, que conceden...

Ler máis

Segovia acollerá o primeiro congreso de educación mediática e dixital

Mércores, 15 Xuño 2011

Nova: Segovia acollerá o primeiro congreso de educación mediática e dixital

No vindeiro mes de outubro terá lugar en Segovia o primeiro congreso que se celebra en España  ao redor da  educación  mediática e a competencia dixital. Un nada desprezable colectivo de expertos e profesionais dos campos tecnolóxicos, mediáticos e educativos que traballan no campo de conceptos e temáticas relacionadas coa educación multimedia, a alfabetización informacional, a comunicación...

Ler máis

Ideas Propias Editorial coeditará en México coa Editorial Limusa

Mércores, 15 Xuño 2011

Nova: Ideas Propias Editorial coeditará en México coa Editorial Limusa

Ideaspropias Editorial coeditará en México coa Editorial Limusa  (Libreros Mexicanos Unidos, S.A.), coa que vén de asinar un convenio de coedición. O acordo vai facer posible a publicación dunha selección de títulos da colección de educación da la editora viguesa no mercado mexicano.

Editorial Limusa forma parte do Grupo Noriega Editores, entidade que nos  últimos cinco anos  asinou...

Ler máis

O CCG propón un novo contrato social e institucional para o sector cultural

Luns, 13 Xuño 2011

Nova: O CCG propón un novo contrato social e institucional para o sector cultural

Os impulsores do diálogo e os debates orientados a procurar estratexias compartidas para a cultura galega subliñan a necesidade dun novo contrato institucional e social para o futuro dun sector estratéxico no país. Así o proclama a publicación Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, presentada hoxe no Consello da Cultura Galega, institución editora, promotora e acolledora dos debates,...

Ler máis

Xavier Queipo e Anxo Fariña gañadores dos Premios Xerais

Sábado, 11 Xuño 2011

Nova: Xavier Queipo e Anxo Fariña gañadores dos Premios Xerais

Xavier Queipo, coa obra titulada Extramundi, e Anxo Fariña  co libro de ciencia ficción, A chave da Atlántida, recibiron onte,  na Illa de San Simón, os  prezados galardóns de Edicións Xerais de Galicia. O galardón da quinta edición do  Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil  foi para Héctor Carré, coa obra titulada  Febre.

Nunha tarde afastada do tempo, nese entorno que mestura...

Ler máis

Encontro Fotográfico Literario en Ponteceso

Xoves, 09 Xuño 2011

Nova: Encontro Fotográfico Literario en Ponteceso

 Edicións  Sotelo Blanco coa colaboración da Fundación Eduardo Pondal e  co asesoramento da sección de  Turismo do Concello de Ponteceso, organizan o primeiro Encontro Fotográfico Literario. 

Fotografía e literatura únense neste Encontro Fotográfico-Literario de miradas poéticas sobre o espazo (des)habitado coa consciencia de que detrás de ningures sempre hai algo que permanece. Entrar...

Ler máis

O LItvi: Un programa coxo

Mércores, 08 Xuño 2011

Nova: O LItvi: Un programa coxo

 O ano 2010 tivo lugar o primeiro evento do LItivi ( Literatura de Viaxes), un congreso que este ano pasa a chamarse encontro ou feira, e que   goza do patrocino da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Consorcio de Santiago, a Fundación da Cidade da Cultura e do Concello de Santiago.

 O programa conta coa presenza de Antonio Gala, Julio Llamazares (cunha conferencia), José Luis...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?