Asociación Galega de Editores

Novas

Romanía será a cultura convidada por Liber 2011

Luns, 22 Agosto 2011

Nova: Romanía será a cultura convidada por Liber 2011

A cultura rumana contará cun amplo espazo no Salón Liber 2011 e tamén cun programa especial de actividades dentro do programa feiral. O espazo físico e o programa pretenden ofrecer unha nova  imaxe, moito máis achegada á realidade, do que acontece actualmente na cultura da Rumanía contemporánea.

No acto inaugural do evento haberá unha importante participación de persoeiros da cultura e a...

Ler máis

Ideaspropias Editorial presenta FacturaPlus 2011

Martes, 19 Xullo 2011

Nova: Ideaspropias Editorial presenta FacturaPlus 2011

Ideaspropias Editorial presenta FacturaPlus 2011, un manual publicado en colaboración con Sage, empresa líder no desenvolvemento de solucións de xestión empresarial para pequenas e medianas empresas, dende o software e os servizos á consultoría e a formación. Este título súmase ao recente lanzamento de ContaPlus 2011 e NominaPlus 2011.

FacturaPlus 2011 é un software de grande utilidade que...

Ler máis

Viñetas do Atlántico celébrase na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto

Luns, 18 Xullo 2011

Nova: Viñetas do Atlántico celébrase na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto

O festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico vaise celebrar na cidade da Coruña entre o 8 e o 14 de agosto.

A debuxante francesa Camille Jourdy foi a encargada do cartel desta edición, unha composición na que non falta o mar, o pulpo e a Torre de Hércules. Serán os escenarios das actividades do evento o Kiosko Alfonso, o Centro Salvador de Madariaga, o Pazo  municipal, o Palexco, o...

Ler máis

Edicións do Cumio publica unha serie de Pepe Carreiro

Luns, 18 Xullo 2011

Nova: Edicións do Cumio publica unha serie de Pepe Carreiro

O coñecido ilustrador galego Pepe Carreiro, autor de Os Barbanzós, Os bolechas e outras divertidas series, coleccións de contos e bandas deseñadas, vén de publicar en Edicións do Cumio os primeiros exemplares da colección A familia caravana. Os protagonistas son un grupo de dez nenos chegados de diversas partes do mundo

A familia caravana súmase a outras iniciativas editoriais nas que os...

Ler máis

Inauguración da lonxa das letras

Xoves, 14 Xullo 2011

Nova: Inauguración da lonxa das letras

A Rede Galega de Kioscos inician unha nova andaina na que terán especial protagonismo os libros e outros produtos culturais que virán a complementar aos xa tradicionais xornais e revistas de vanda nestes espazos. A presentación de Lonxa das Letras, en  Santiago, no kiosco da Alameda, dará paso a un novo xeito de achegarse aos públicos e tamén de dar traballo a persoas discapacitadas,...

Ler máis

Novo premio para Contoplanet

Xoves, 14 Xullo 2011

Nova: Novo premio para Contoplanet

Contoplanet o proxecto de libros interactivos de Galaxia. Milrayas, e Perro Verde Films volve a ser recoñecido, desta vez co premio Entre Emprendedores, un galardón organizado por INICIADOR E MOVISTAR.

Este novo galardón vén sumarse aos recoñecementos que supuxeron os dous premios EGANET e ao pestixioso LAUS, no primeiro semestre do ano, e tamén ao mérito de ter quedado entre os finalistas na...

Ler máis

Increméntanse os lectores dixitais segundo o Barómetro trimestral de Hábitos de Lectura

Mércores, 13 Xullo 2011

Nova: Increméntanse os lectores dixitais segundo o Barómetro trimestral de Hábitos de Lectura

Os datos do barómetro trimestral de hábitos de lectura reflicten un lixeiro incremento dos lectores dixitais. A porcentaxe de españois que afirman ler en formato dixital vense de incrementar nos derradeiros seis meses até superar o 50% da poboación (52%). Enténdese por lector dixital o que utiliza con frecuencia, polomenos unha vez ao trimestre, un ordenador, teléfono móbil, axenda electrónica...

Ler máis

Seminario profesional de contidos dixitais

Martes, 12 Xullo 2011

Nova: Seminario profesional de contidos dixitais

As instalacións da Fundación e editorial Sotelo Blanco acolleron hoxe a primeira xornada formativa sobre as características da plataforma de distribución de contidos dixitais e a utilización da aplicación que a AGE poñerá en marcha definitivamente nos vindeiros meses.

Vinte e cinco editores participaron na sesión celebrada no auditorio da editora asociada, recibindo unha formación práctica...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?