Asociación Galega de Editores

Novas

O 24% do mercado de libros para rapaces dos EEUU é dixital

Luns, 06 Febreiro 2012

Nova: O 24% do mercado de libros para rapaces dos EEUU é dixital

O  24% por cento do mercado estadounidense de  venda de  libros infantiles e xuveniles está en internet. A venda de obras en formatos dixitales está experimentando un ascenso aínda que o xénero non se enfronta aos mesmos retos da literatura on ensaio para adultos. As enquisas, segundo publica a web da edición, Ediciona, foron realizadas por PubTRack unha empresa que realiza enquisas semanais a...

Ler máis

Doazón dos arquivos de Xosé Mª Álvarez Blázquez á Fundación Penzol

Domingo, 05 Febreiro 2012

Nova: Doazón dos arquivos de Xosé Mª Álvarez Blázquez á Fundación Penzol

As cento once carpetas cos fondos arquivísticos de Xosé María Álvarez Blázquez, foron entregadas polos fillos do autor á Fundación Penzol. A doazón contén máis de 2.500 documentos, folletos, recortes de prensa, manuscritos, orixinais mecanografados e coleccións temáticas agrupados en temas como prehistoria e arqueoloxía; literatura galega medieval, dos Anos Escuros e do Rexurdimento, romances...

Ler máis

O 15% dos libros publicados no ano 2011 foron editados en catalán, galego e euskera

Martes, 31 Xaneiro 2012

As editoriais agrupadas nos gremios da FGEE publicaron 103.000 títulos no ano 2011. A cifra recolle tamén os datos dos títulos publicados noutros soportes. Tres mil cincocentas setenta e catro editoriais publicaron polo menos un libro durante ese ano. Os libros en galego e euskera representan o 4%  do total. A publicación en catalá representa algo máis do 11%.

A información, aportada pola...

Ler máis

Premios da Edición 2011

Martes, 31 Xaneiro 2012

Nova: Premios da Edición 2011

Como cada ano o gremio editorial galego celebrará a súa festa nos VII Premios da Edición. O evento, que terá lugar o 10 de marzo na cidade de Santiago de Compostela, outorgará dez distincións diferentes para recoñecer a excelecia do traballo editorial en tódalas súa facetas. Serán galardoados os mellores traballos que neste eido se realizaron durante o 2011, recoñecendo a labor e o traballo...

Ler máis

A propiedade intelectual e o desenvolvemento do mundo editorial

Luns, 30 Xaneiro 2012

Nova: A propiedade intelectual e o desenvolvemento do mundo editorial

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo, coa colaboración de CEDRO, acollerá o curso virtual «A propiedade intelectual e o desenvolvemento do  mundo editorial». O curso terá lugar desde o 1 de marzo até o 30 de xuño de 2012 na  Aula Virtual de la UIMP

O curso pretende xerar a formación necesaria para poder desempeñar dun xeito profesional todo tipo de traballos relacionados coa xestión...

Ler máis

Abre en Madrid a primeira libraría especializada en literatura galega

Venres, 27 Xaneiro 2012

Nova: Abre en Madrid a primeira libraría especializada en literatura galega

Este espazo, posto en marcha por fillos de emigrantes galegos, aspira a ser un lugar aberto  a tódalas iniciativas culturais. Aturuxo, que así se chama a tenda, quere ser  moito máis ca unha libraría, aspirando a acoller calquera   iniciativa interesante relacionada con Galicia (música, literatura, artesanía…).

A clientela aseguran que é variada e a pesares de que leva aberta moi pouco tempo...

Ler máis

O Premio Edebé foi para Parque Muerte, de Fernándo Lalana

Xoves, 26 Xaneiro 2012

Nova: O Premio Edebé foi para Parque Muerte, de Fernándo Lalana

O zaragozano Fernando Lalana obtivo o Premio Edebé de literatura infantil con "Parque Muerte", mentres que o  catalán César Mallorquí foi galardoado no apartado de xuvenil coa obra  "La isla de Bowen".

A novela de Lalana aborda o tema sempre incómodo e moi pouco habitual na literatura infantil, o  suicidio e a morte. O escritor mallorquino aposta por unha historia ao estilo de Xulio...

Ler máis

Editoriais anglosaxonas crean nova liña de negocio

Mércores, 25 Xaneiro 2012

Nova: Editoriais anglosaxonas crean nova liña de negocio

O observatorio da edición dixital publica que algunhas editorias anglosaxonas están creando novas liñas de negocio e servizos á marxe do  core business, da produción de libros, e as veñen centrando nos seus autores e autoras.  

Random House UK lanzou neste mes de xaneiro Random House Speakers en asociación con The London Speaker Bureau, mediante o cal ofrece aos seus autores como...

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?