Asociación Galega de Editores

Impresora Email

A Nosa Terra edita a primeira tradución ao galego do Códice Calixtino

Martes, 12 Xaneiro 2010

Nova: A Nosa Terra edita a primeira tradución ao galego do Códice Calixtino

As librarías disporán dende finais deste mes de 1.000 exemplares da primeira edición completa en galego do Códice Calixtino, grazas ao labor de Edicións A Nosa Terra. A tradución, con ilustracións de Francisco Leiro, farase pública a través de dúas edicións, unha para a súa venda en librarías -cunha tiraxe de 1.000 exemplares, tapa dura e en branco e negro- e unha segunda de luxo, dotada de 500 exemplares -100 acompañados dunha caixa contedora-, que se reservará para regalos institucionais.

O Codex Calixtinus é o título que se lle dá ao manuscrito máis antigo, o da Catedral de Santiago, por aparecer nel Calixto II, benfeitor do santuario de Compostela, como autor e promotor. Está dividido en cinco libros e nunha serie de apéndices de extensión e contidos dedicados á exaltación do universo xacobeo.

O interese científico internacional por o Liber Sancti Iacobi naceu no século XIX cos primeiros estudos e, ata o día de hoxe, son moitos os expertos que se interesaron por esta obra e a súa tradución.

A versión que se porá á venda será de capa dura, terá 600 páxinas e estará en branco e negro. "Está ben editada, pero sen ilustracións", explicou Xosé Fernández Puga, director xeral de A Nosa Terra.

Fonte: Galicia Hoxe

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?