Asociación Galega de Editores

Impresora Email

A AGE edita o número 6 da revista NDL con tódalas novidades editoriais do 2009

Luns, 11 Xaneiro 2010

Nova: A AGE edita o número 6 da revista NDL con tódalas novidades editoriais do 2009

Comeza a distribuírse xa o número 6 da publicación NDL (Novas de libros) que edita a AGE. A revista inclúe tódalas novidades pulbicadas polas editoras galegas no pasado 2009. As obras están clasificadas por materias e tamén aparecen verquidas nunha lista das máis vendidas.

Outro do contido especial da revista é a reportaxe asinada por Moisés Álvarez sobre "O futuro do libro galego xógase hoxe". Nela explícase como "o libro galego hai xa tempo que acadou a madurez en ámbitos como a literatura infantil e xuvenil, cunha clara aposta pola calidade por parte de escritores, ilustradores e editoriais. É neste campo onde se están a afrontar con maior decisión tres dos principais retos para o futuro: a profesionalidade, a especialización e a internacionalización".

A revista tamén inclúe un artigo de Iolanda Galanes sobre a tradución inversa do galego na que conclúe dicindo que "un repertorio de autores/as con recoñecemento estatal e internacional, o crecente interese de editoras estranxeiras pola literatura galega e un sector editorial maduro e ben disposto á aventura exterior, alén de varios "ensaios" existosos, deberan constituír os alicerces dunha desexable acción institucional que, máis aló do canon español, internacionalice a nosa literatura. Pulando cara á "fase autónoma".


Documentos relacionados:

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?