Asociación Galega de Editores

Impresora Email

A poetisa Luz Pozo Garza gaña o galardón ao Libro Galego do Ano, segundo os lectores de El Progreso

Venres, 08 Xaneiro 2010

Nova: A poetisa Luz Pozo Garza gaña o galardón ao Libro Galego do Ano, segundo os lectores de El Progreso

O libro Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza, foi elexida polos lectores de El Progreso como Libro Galego do Ano 2009. O galardón foille concedido polos lectores de El Progreso tras unha votación realizada na páxina web deste medio de comunicación. O poemario da escritora ribadense, que foi publicada por Baía Edicións, foi seleccionada entre unha escolla de quince libros publicados por autores galegos vivos ao longo do ano pasado.

Nas preferencias dos lectores figura en segundo lugar E Xoel aprendeu a voar, editada por Obradoiro, unha obra infantil asinada por Marica Campo. O novo selo Morgante coou unha obra no trío principal grazas ao xornalista do Diario de Pontevedra Manuel Jabois, con A estación violenta.

Sete palabras
O retorno de Suso de Toro coa novela Sete palabras editada por Xerais, empata no seguinte posto con outro dos  grandes, Manuel Rivas. O libro do coruñés, O sombreiro chichiriteiro, tamén de Xerais, triunfa na súa primeira aventura no ámbito da literatura infantil. A mesma puntuación leva a que vén sendo a novela do ano para moitos críticos, a gañadora do premio Xerais deste ano, Sol de inverno, que escribiu Rosa Aneiros.

Vivimos no ciclo das erofanías (Espiral Maior), a recompilación de tres poemarios de Yolanda Castaño, é o seguinte clasificado nas preferencias dos votantes para elexir o Libro Galego do Ano, que sitúan a continuación o texto de Xosé Antón Neira Cruz Un bico de amor e vida (Editorial Galaxia).

Tras estas pezas, quedaron por número de votos tres libros que van dirixidos a nenos e mozos. Son Mago Goma, de Toño Núñez e Kalandraka; No cubil da Lúa, de Xoán Neira e Baía, e A lúa do Senegal, do premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Agustín Fernández Paz, editado por Xerais.

Fonte: El Progreso


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?