Asociación Galega de Editores

Impresora Email

As editoriais galegas entregaron os Premios da Edición 2009

Domingo, 20 Decembro 2009

Nova: As editoriais galegas entregaron os Premios da Edición 2009

O gremio editorial galego celebrou V Noite da Edición de Galicia, unha gala coa que a Asociación Galega de Editores pretende reunir anualmente a todos aqueles que traballan no eido do libro, a súa produción e a súa edición. No acto entregáronse os Premios da Edición 2009, concedidos polos propios editores.

O evento está patrocinado polo Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e tivo lugar no Liceo de Ourense. Nel participaron destacadas autoridades do mundo do libro, a cultura e a política de Galicia. Estivo presidido por Alfonso García Sanmartín, presidente da AGE, e contou coa presenza dos conselleiros de Cultura e Turismo, Roberto Varela; e de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez. Tamén asistiu o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez; o presidente da Deputación, José Luís Baltar; e o director xeral de Promoción e Difusión de Cultura, Francisco López.

Nesta V Noite da Edición, conducida polo xornalista Camilo Franco, foi homenaxeada no apartado da Edición Histórica a editorial Nova Galicia Edicións, que cumpre un cuarto de século de vida. O director de Edicións Xerais, Manuel Bragado realizou a laudatio lembrando a extensa traxectoria da editorial homenaxeada, representada polo seu director, Carlos del Pulgar. Trala sentida homenaxe ao polifacético autor ourensán Marcos Valcárcel, entregáronse os premios creados pola AGE para recoñecer a excelencia do traballo dos compañeiros editores e dos integrantes doutros colectivos que se distinguiron ó longo do ano 2009 polo seu labor a favor do libro ou a lectura.

Premiados

Este ano o Premio Francisco Fernández del Riego, co que se recoñece o traballo realizado por unha persoa ou colectivo de persoas, entidade ou institución das que colaboran co sector editorial ou que participan na promoción do libro editado en lingua galega e da propia lingua, recaeu na empresa de telecomunicacións R.

Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano para a obra Sidecar, de Alberto Lema (Galaxia).

Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción do 2009 para Cartas de republicanos galegos, de Xesús Alonso Montero (Xerais).

Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano 2009 para Ciclo de Xúpiter, de Millán Picouto (Ediciones Linteo).

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil para A araña e máis eu, de Fran Alonso (Kalandraka Editora).

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2009 para Contos completos de Allan Poe, traducidos por Eva Almazán (Editorial Galaxia).

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano para A grande viaxe, de Gabriel Pacheco (OQO Editora).

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano para Rosa Aneiros.

Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do 2009 co que se pretende recoñecer as editoriais que teñan destacado en novos proxectos de carácter renovador para as Fotobiografías sonoras de Ouvirmos.

Edición Histórica: Nova Galicia
Edición Histórica: Nova Galicia
Homenaxe a Marcos Valcárcel
Homenaxe a Marcos Valcárcel
Premios Ilustrador
Premios Ilustrador
Premio libro infantil
Premio libro infantil
Premio tradución
Premio tradución
Premio autora: Rosa Aneiros
Premio autora: Rosa Aneiros
Premio poesía
Premio poesía
Premio non ficción
Premio non ficción
Premio ficción
Premio ficción
Premio iniciativa editorial
Premio iniciativa editorial
Premio á difusión
Premio á difusión
Foto de familia
Foto de familia

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?