Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Kalandraka amosa os seus álbums ilustrados na Feira do Libro de Durango

Venres, 11 Decembro 2009

Nova: Kalandraka amosa os seus álbums ilustrados na Feira do Libro de Durango

KALANDRAKA participou na 44ª Feira do Libro de Durango da man da editorial Pamiela, coa que co-edita en euskera os seus álbums ilustrados. Amets handi bat (Un gran soño, II Premio Internacional Compostela) de Felipe Ugalde, Txerritxo (O porquiño) de Arnold Lobel, Zirkua amets (Soños de circo, Premio Etxepare 2009) de Joxan Ormazabal e Iraia Okina, e Ameliak txabur bat nahi du (Amelia quere un can) de Tim Bowley e André Neves, foron os títulos máis destacados e demandados polo público.

Do 4 ao 8 de decembro, no recinto Landako Erakustazoka de Durango, esta cita estaba chamada a ser o referente comercial máis importante para o sector do libro, na antesala do Nadal. Na presente edición, o invitado de honra foi o Instituto Ramon Llull, de Cataluña.

Fonte: Blog de Kalandraka


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?