Xoves, 10 Decembro 2009
O pintor do sombreiro de malvas, novela escrita en galego, mereceu hai uns días o Premio Lazarillo concedido pola Organización Española para o Libro Infantil. O autor arousán Marcos Calveiro amosou o seu orgullo por gañar en Madrid un premio cun libro escrito en galego.
Será a vindeira primavera cando Edicións Xerais publique a novela de Calveiro, que terá tamén edicións en éuscaro - con Ibaizabal-, castelán -con Edelvives- e está a negociar unha tradución ao catalán. A obra conta os últimos meses de vida do pintor Vincent Van Gogh, ao que fai referencia o título, na vila francesa de Auvers-sur-Oise, onde en 69 días do ano 1880 pintou un total de 79 cadros.
Para Calveiro, este Premio Lazarillo súmase ao Barco de Vapor 2008 da Fundación SM, pola súa novela O canto dos Peixes, e ao Premio de Literatura Infantil Ala Delta coa súa obra O carteiro de Karrada, todos eles entregados por entidades de fóra de Galicia. Nacido en Vilagarcía de Arousa en 1968, Marcos Sánchez Calveiro desenvolve o seu labor profesional como avogado en Vigo. En 2006 publicou a súa primeira novela xuvenil, Rinocerontes e quimeras, e en 2007, o seu primeiro título para adultos, Festina Lente, que tivo unha boa acollida entre o público e a crítica. Na actualidade, está a corrixir as últimas probas da que será a súa segunda novela para adultos, Settecento, que tamén será publicada por Edicións Xerais.
Fonte: Xornal de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.