Martes, 08 Decembro 2009
Kalandraka e a editorial brasileira Callis asinaron un acordo para crear o selo Kalandraka Brasil, co que aspiran a converterse nun referente na edición de álbumes ilustrados de calidade para os lectores dese país. Ao longo de 2010 publicaranse os primeiros dez títulos, entre os que figuran as obras gañadoras do Premio Internacional Compostela: Cerca, de Natalia Colombo, e Un gran soño, de Felipe Ugalde, ás que se sumará o traballo que resulte galardoado o vindeiro mes de abril na terceira edición do certame.
Kalandraka e Callis adquiriron este compromiso no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, que vén de pechar as súas portas. Kalandraka, a través do seu selo mexicano Libros para soñar, participou con stand propio por segundo ano consecutivo nesta cita profesional, onde celebrou a presentación de "Un gran soño" co seu autor, entre outras actividades.
Coa súa implantación en Brasil, Kalandraka avanza na súa proxección internacional e reforza o seu proxecto editorial plurilingüístico, iniciado en 2002 coa creación de Kalandraka Portugal. Seguiulle hai dous anos a posta en marcha de Libros para soñar en México e de Kalandraka Italia. A proxeción de Kalandraka no Brasil responde ao interese de afondar na relación cos países lusófonos, cos que existen lazos históricos e culturais.
A colaboración entre Kalandraka e Callis remóntase aos últimos anos, cando esta última comezou a adquirir dereitos para a tradución e publicación de varios álbumes ilustrados en Brasil. Callis é un destacado selo editorial con 22 anos de historia, especializado en libros infantís e xuvenís, que conta con colecións de Arte, Historia, Literatura e Música, e que aposta pola revalorización da cultura brasileira.
Fonte: Kalandraka
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.