Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Os lectores mexicanos presentaron na FIL "A desaparición da neve", de Manuel Rivas

Mércores, 09 Decembro 2009

Nova: Os lectores mexicanos presentaron na FIL "A desaparición da neve", de Manuel Rivas

Manuel Rivas participou na actividade da FIL, Os lectores presentan, unha iniciativa do evento mexicano na que son protagonistas os propios lectores. Alí, o escritor debullou os pormenores do seu último poemario A desaparición da neve, editado por Alfaguara xunto á súa tradución ás outras linguas das  culturas españolas: catalán, euskaro e castelá. Respecto do carácter plurilingüe da obra, Rivas explicou que "unha arca, que era o lugar no que os campesiños gardaban o máis valioso que tiñan na casa: as sementes".

Do libro, o escritor salientou que se trata dun "compendio de memoria colectiva e persoal, está nel a memoria da terra e as súas cicatrices e tamén está nel a memoria das palabras; tódalas memorias amasadas". Tamén manifestou que lle agradaba a palabra coa que algúns dos lectores manifestaran o seu interese polo libro: a extrañeza,  segundo el, "se falamos da necesidade da literatura é porque é a boca do máis estraño"

Éxito da FIL

Canda á excelente acollida dispensada polo público mexicano ao traballo de Manuel Rivas, salientou a boa afluencia de persoas rexistrada no stand que a AGE atendeu na Feira. Por alí pasou un gran número de xente nova interesada polas últimas novidades editadas en Galicia. Algúns deles solicitaron a sinatura de exemplares por parte de autores como Fina Casalderrey, quen en días anteriores compartiu con eles tertulia nos seus centros educativos.

 

 

Entrada FIL
Entrada FIL
A. Conde, F. Casalderrey e M. Rivas co Presidente da AGE e o Director Xeral de Cultura
A. Conde, F. Casalderrey e M. Rivas co Presidente da AGE e o Director Xeral de Cultura
Folclore tradicional
Folclore tradicional
Obradoiro Kiko Da Silva e Carlos Portela
Obradoiro Kiko Da Silva e Carlos Portela
Sinatura de libros por Fina Casalderrey
Sinatura de libros por Fina Casalderrey
Coctel editores
Coctel editores
Traballo no stand
Traballo no stand
Coa mocidade mexicana
Coa mocidade mexicana
Manuel Rivas no stand
Manuel Rivas no stand

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?