Sábado, 14 Novembro 2009
A Asociación Galega de Editores (AGE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) organizaron, coa colaboración do Consello da Cultura Galega, e a Consellería de Cultura e Turismo, o Seminario sobre "O libro dixital: presente e futuro", que tivo lugar os días 16 e 17 novembro nas instalacións do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, en horario de 10 a 14 horas. Máis de medio cento de profesionais do sector editorial e libreiros galegos asistiron a este debate sobre o formato do libro electrónico.
O fundador do portal cultural Dosdoce.com, Javier Celaya foi o encargado dos relatorios que debullaron a situación actual do ebook e a situación da comercialización dos libros electrónicos nos principais mercados internacionais. Tamén se referiu á edición dixital, e á transformación do modelo de negocio; facendo unha análise comparativa dos proxectos de dixitalización: mercadotecnia, vendas, distribución, etc. Outros dos puntos que tratou foron os formatos de edición, os lectores para contidos dixitais ou a cadea de valor do e-book.
Na xornada do día 17, Celaya centrouse nas cuestións da comercialización, a distribución a seguridade e a promoción en liña do libro dixital.
Javier Celaya
Javier Celaya é socio-fundador do portal cultural Dosdoce.com, membro do Comité Científico do Pacto Andaluz polo Libro (PAPEL) e vicepresidente da Asociación de Revistas Digitales de España (ARDE).
En marzo de 2004 fundou Dosdoce.com, un portal especializado en analizar o impacto das novas tecnoloxías no sector cultural. A través deste portal publicou varios estudios: "El papel de la comunicación en la promoción del libro" (2005); "Los retos de las editoriales independientes" (2006); "Tendencias Web 2.0 en el sector editorial" (2007) e "La digitalización del libro en España" (2008). Recentemente vén de publicar o libro "La empresa en la web 2.0" (Editorial Gestión2000).
Celaya é Master en Relaciones Internacionales pola Universidad de Columbia de Nueva York e Licenciado en Dirección de Empresas polo Boston College.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.