Asociación Galega de Editores

Impresora Email

O Premio FIL de Literatura en Linguas Romances pecha a convocatoria o 31 de xullo

Mércores, 29 Xullo 2009

Nova: O Premio FIL de Literatura en Linguas Romances pecha a convocatoria o 31 de xullo

A Asociación Civil do Premio de Literatura Latinoamericana e do Caribe Juan Rulfo recibirá propostas ata o 31 de xullo para outorgar o Premio FIL -dotado con 150 mil dólares- a escritores cunha valiosa obra de creación en calquera dos xéneros literarios e que teñan como medio de expresión artística algunha das linguas romances: español, catalán, galego, francés, italiano, romanés ou portugués.

O Premio otorgóuselle, baixo o nome de Juan Rulfo, aos escritores: Nicanor Parra (1991), Juan José Arreola (1992), Eliseo Diego (1993), Julio Ramón Ribeyro (1994), Nélida Piñón (1995), Augusto Monterroso (1996), Juan Marsé (1997), Olga Orozco (1998), Sergio Pitol (1999), Juan Gelman (2000), Juan García Ponce (2001), Cintio Vitier (2002), Rubem Fonseca (2003), Juan Goytisolo (2004) e Tomás Segovia (2005). Carlos Monsiváis (2006) e Fernando del Paso (2007) recibírono como Premio FIL de Literatura. En 2008, o escritor Antonio Lobo Antunes recibiu o Premio FIL de Literatura en Linguas Romances.

As candidaturas deberán ser presentadas por calquera institución cultural ou educativa, asociación ou grupo de persoas interesadas na literatura, e deberán ser enviadas co curriculo e os documentos xustificantes que consideren necesarios achegar a: Premio FIL de Literatura en Linguas Romances 2009. Comisión de Premios. Lerdo de Tejada 2121, cp 44150, Guadalaxara, Jalisco, México. Teléfonos: +52 (33) 3630-9788 y 3630-9787. A recepción de candidaturas péchase o venres 31 de xullo de 2009.

Sete xurados de recoñecida traxectoria literaria e crítica analizarán as propostas

As propostas serán analizadas por un grupo de sete xurados con recoñecida traxectoria literaria e crítica. Estes xurados serán seleccionados pola Comisión de Premios. Até a data participaron como xurados máis de setenta escritores, académicos e literatos de incuestionable honorabilidade, provenientes de dezanove países. O fallo do xurado, que é inapelable, e darase a coñecer en conferencia de prensa o próximo 31 de agosto, na cidade de Guadalaxara, Jalisco, México. O Premio será entregado, nesta mesma cidade, o 28 de novembro, no marco da 23 Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, que este ano recibe a Os Ánxeles-USA, como convidado de honra.

A convocatoria do premio e unha listaxe biográfica dos gañadores de edicións anteriores están dispoñibles en www.fil.com.mx.

Fonte: Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (FIL)

Foto: Logo Premio FIL


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?