Martes, 31 Xullo 2012
A web de Editorial Galaxia ofrece unha nova sección na súa web, titulada O LIBRO DO MES. Premendo nela, os e as internautas poderán descargar de balde algunhas páxinas das novidades que a nosa editorial irá publicando.
Comeza esta sección co primeiro capítulo da novela de Xavier Alcalá, 'Verde oliva'. Dende a sección O LIBRO DO MES, os lectores e lectoras poderán acceder a un PDF interactivo que, ademais de ofrecernos ese primeiro capítulo, nos leva, se así o queremos, á ficha do autor e do libro. Ao tempo, na sección de NOVIDADES da web crearase un reservorio no que se irán acumulando todos estes materiais para que quen visita a web de Galaxia poida ler, cando lle apeteza, parte dos libros que se teñan ofertado nesta proposta dixital que funciona en calquera dispositivo (ordenador, iPad, móbil...) con conexión a internet.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.