Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Medran as exportacións de libros

Martes, 03 Xullo 2012

As exportacións de libros acadaron os  482,44 millóns de  euros, segundo a nota feita pública hoxe pola FGEE. As vendas no exterior do sector editorial creceron un  13,28% e descenderon nunha proporción moi semellante as do sector gráfico.O  saldo positivo da  balanza comercial española do sector do libro incrementouse un 11%.

As exportacións do sector editorial á UE incrementáronse un  66,60% e prodúcese un descenso nas realizadas a América ( -4,33%).  os problemas coa Aduana Arxentina e o traslado da producción por parte moitas editoriais a outros países, especialmente a Brasil, aparecen como causantes desa  baixada.

O esforzo realizado polo sector do libro para acceder a novos mercados está contribuindo a que as vendas continúen recuperando o seu crecemento, iniciando o camiño anterior á crise económica. É este un dos principais argumentos do Informe de Comercio Exterior do Libro 2011.

Nota de prensa da FGEE


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?