Luns, 20 Febreiro 2012
A iniciativa de celebrar o Día de Rosalía( 24 de febreiro) agasallando un libro e unha flor, toda unha tradición en Cataluña o día 23 de abril, empeza a callar; entidades, institucións, organizacións e empresas están comezando a sumarse á idea posta en marcha pola Asociación de Escritores. No Mercado da Tía Ni, que foi posto en marcha por dúas emprendedoras, unha delas editora de Nigra Trea, celebrarán o día de Rosalía agasallando a todos os seus clientes cun libro en galego.
O Mercado da Tía Ni, que está en Sabarís, Baiona, na rúa Julián Valverde, xa puxo en marcha outras iniciativas relacionadas e tamén organiza foros e presentacións de libros e outras actividades culturais.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.