Mércores, 25 Xaneiro 2012
O observatorio da edición dixital publica que algunhas editorias anglosaxonas están creando novas liñas de negocio e servizos á marxe do core business, da produción de libros, e as veñen centrando nos seus autores e autoras.
Random House UK lanzou neste mes de xaneiro Random House Speakers en asociación con The London Speaker Bureau, mediante o cal ofrece aos seus autores como conferenciantes para dar conferencias, participar en mesas redondas , etc. Nestes momentos participan 13 autores e autoras, entre os que destacan o especialista en medio ambiente e sostenibilidade Steve Benbow, o novelista Louis de Bernier, o autor de libros de viaxes, Tim Butcher, un historiador de arquitectura, Dan Cruickshank, e a escritora de bestsellers Donna Leon. A iniciativa venlle seguindo os pasos a outra semellante que xa funciona con éxito nos EEUU baixo o título: Random House Speakers Bureau.
Tamén as axencias literarias
O servizo ofrecido aos autores tamén está sendo utilizado por algunhas axencias literarias, como é o caso de Conville & Walsh, que en xuño do ano pasado creaba un servizo similar chamado Hire Intelligence.
Outra liña de negocio complementaria é a creación de cursos. Un exemplo sería Faber Academy, creada pola editorial Faber, que ofrece programas diversos en relación coa escrita e a edición.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.