Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Xavier Queipo e Anxo Fariña gañadores dos Premios Xerais

Sábado, 11 Xuño 2011

Nova: Xavier Queipo e Anxo Fariña gañadores dos Premios Xerais

Xavier Queipo, coa obra titulada Extramundi, e Anxo Fariña  co libro de ciencia ficción, A chave da Atlántida, recibiron onte,  na Illa de San Simón, os  prezados galardóns de Edicións Xerais de Galicia. O galardón da quinta edición do  Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil  foi para Héctor Carré, coa obra titulada  Febre.

Nunha tarde afastada do tempo, nese entorno que mestura as meles do paradiso con amargas pegadas da memoria, celebrouse a 28 edición de entrega dos premios que organiza a veterana editorial viguesa. A festa comezou co traslado dos asistentes dende S. Andrán de Cobres até o embarcadoiro de S. Simón, onde agardaba Celia Torres para recibilos.

O Conselleiro de Cultura e o Director Xeral do Libro fixeron a viaxe na cuberta do barco, acompañados de libreiros e amigos do mundo do libro. Manuel Bragado patroneu as dúas quendas de traslados dos viaxeiros.

A velada, á que asistiron máis de trescentas persoas, estivo amenizada por un espectáculo musical transgresor e pouco convencional, a cargo de Leo  Arremecághona, o cantante de Matamá, que puxo a nota distendida e menos formal da tarde, na que a escritora e profesora Mª Xosé Queizán  fixo  un discurso maxistral e reivindicativo titulado  Escribir en nome propio.

Máis información

                                                                   O Xurado e os finalistas

O xurado da XXVIII edición dos  premios reunido no  Castelo de Soutomaior acordou que os finalistas fosen os que a continuación se relacionan:

Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que concorreron corenta obras formado por Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas “Extramunde”, “O caso Ocaso” e “Todo home é coma a lúa”.

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron vinte e tres obras formado por Isabel Bilbao Freire (representante da Fundación Caixa Galicia), Susana Piñeiro Paz (profesora de Secundaria), María Dolores Tobío Iglesias (profesora de Secundaria), Sabela Vilar Estévez (estudante de 4º da ESO), Andrea Ramos Queixas (estudante de 3º da ESO) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas “Ánxela”, “Gabirro” e “Pelouro”.

Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron corenta e seis obras, formado por Rodrígo Chao Blanco (ilustrador), Julia González González (mestra de Primaria e bibliotecaria), Antonio Reigosa Carreiras (escritor e gañador do Premio Merlín, 1998), Ángeles Roca López (bibliotecaria), Gracia Santorum López (profesora de Secundaria e blogueira), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas “O carreiro das formigas”, “Prometeo” e “Trampa de luz”.

O fallo de cada un dos premios darase a coñecer no serán do sábado, 11 de xuño.

Pode asistir en directo a esta gla conectando con Blogalicia.

Galería de imaxes: Arquivo AGE  2010

 

Barcos na ría
Barcos na ría
Música
Música
Contorna
Contorna
A ría
A ría
Celia Torres
Celia Torres
Mª Xosé Queizán
Mª Xosé Queizán
Moniña
Moniña
Anxo Fariña
Anxo Fariña
Marcos Calveiro
Marcos Calveiro
Leo
Leo
Previos
Previos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?