Martes, 16 Novembro 2010
Hoxe remata o prazo de inscrición para asistir ao simposio da AGE en Santiago. Co patrocinio de CEDRO, a Asociación Galega de Editores organiza anualmente o Simposio O libro e a lectura que nesta edición abordará o tema: "O Fomento da Lectura: Unha fronteira para o libro". As dúas xornadas de traballo van ter lugar o 18 e 19 de novembro no Centro Social Caixanova, na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Expertos do panorama nacional e internacional que presentarán as súas propostas ao redor da promoción da lectura. A consulta do programa e a inscrición pode facerse descargando os documentos desta nova.
Xoves, 18 de novembro
A xornada do xoves día 18 comezará ás 9:30 horas coa recollida da documentación e a inauguración oficial. Ás 10:30 terá lugar a conferencia inaugural a cargo do editor e escritor Antonio Ventura. De seguido, Cristina Novoa falará sobre Bibliotecas escolares, a lectura desde o ensino; para pasar ao panel de experiencias no que intervirán Joan Portell, do Municipi Lector; Albino Alonso e David Pérez falarán sobre o fomento da lectura na Biblioteca Municipal do Porriño (Premio Nacional María Moliner de animación á lectura 2006). Pola tarde seguirá o panel de experiencias co tema do fomento da lectura dende a libraría e relatorios a cargo de Pep Durán, da libraría Robafaves; e Sandra Senra, de Libros para soñar. Finalizará a xornada coa experiencia de Gracia Sanctorum, autora do blog Trafegando Ronseis.
Venres, 19 de novembro
A segunda xornada do Simposio comezará ás 10 horas co relatorio de Eloy Matos Núñez, da Rede de Universidades Lectoras. No panel de experiencias intervirán: Itziar Zubizarreta da Bularretik Mintzora; Concha Costas, de Espazo Lectura (Premio Irmandade do Libro 2009 / Premio de Dinamización Sociocultural Everest 2009); Nuno Marçal, co seu BiblioMóvel Proença-a-nova (Proxecto candidato ao Astrid Lindgren Memorial Award); Mercedes Caballud, de Ler xuntos en Ballobar (Premio Nacional ao Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura 2005). Xa na xornada da tarde, celebrarase o relatorio da lectura: un novo modelo para as feiras do libro, a cargo de Javier López Yáñez, da Asociación Feira do Libro de Sevilla (Premio Nacional ao Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura 2010); e finalizarase co relatorio O editor e o fomento da lectura, que realizará Constantino Bértolo, director de Caballo de Troya.
Documentos relacionados:
0.09Mb
0.03Mb
0.23MbCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.