Martes, 07 Setembro 2010
A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) concedeu os IX Premios ao Fomento da Lectura 2010 aos Medios de Comunicación, á axencia de noticias EFE, na categoría de Prensa, ao programa "Páxina 2" da 2 na categoría de Televisión e ao programa "Pompas de papel" de Radio Euskadi, na categoría de Radio. Os galardóns entregaranse en Barcelona durante a celebración da 28 edición de Liber, a Feira Internacional do Libro, que terá lugar do 28 de setembro próximo ao 1 outubro.
Con estes galardóns, a Federación quere subliñar o traballo que os profesionais do Xornalismo realizan para promover o hábito lector a través da difusión de informacións relacionadas cos libros. O obxectivo destes premios é dobre: por unha banda recoñecen publicamente o labor realizado pola profesión xornalística no fomento da Lectura en España, e por outra, tratan de incentivar ese labor de difusión e de promoción do hábito lector entre os Medios.
O Xurado dos Premios ao Fomento da Lectura en Bibliotecas abertas ao público concedeu o galardón na edición 2010 á Biblioteca Municipal de Burgos e valora a súa implicación no desenvolvemento do gusto pola lectura entre nenos e maiores con actividades que fomentan a participación familiar nos actos culturais da biblioteca. O Premio Boixareu Ginesta ao Libreiro do Ano outórgase á Libraría Diego Marín de Murcia, unha referencia entre os lectores desta cidade.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.