Xoves, 09 Setembro 2010
Dende onte día 8 de setembro e ata o vindeiro día 12, o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acolle a 32º edición do International Board on Books for Young People (IBBY). Trátase dun congreso internacional e con carácter bianual no que participarán máis de medio milleiro de persoas de todo o mundo que traballan no eido da edición e difusión da literatura infantil e xuvenil.
Ademais dos relatorios, táboas redondas e obradoiros que integran o programa do IBBY 2010, o recinto expositivo acolle diversos stands entre os que está o da Asociación Galega de Editores (AGE), que está a rexistrar un elevado número de visitantes procedentes de tódolos países do mundo. Libreiros internacionais, mestres, bibliotecarios e outros prescritores amosaron durante as primeiras xornadas do Congreso o seu interese polos libros presentes no stand, algúns deles na súa versión en inglés. Neste espazo amósanse as máis recentes publicacións para nenos publicadas por un total de 16 editoriais asociadas: Kalandraka Editora; Editorial Everest Galicia; Rodeira; Baía Edicións; OQO Editora; Edicións Xerais de Galicia; Nova Galicia Edicións; El Patito Editorial; Sotelo Blanco Edicións; Edicións Tambre; Biblos Clube de Lectores; Edicións Obradoiro; Editorial Galaxia; Edicións Embora; Ir Indo Edicións e Nigra Trea. Colabora coa organización deste espazo o Clúster da Edición, Librarías e Comercialización de Galicia.
Ademais, no mesmo stand poderase contemplar a mostra "A literatura infantil e xuvenil Galega e as minorías". Trátase dunha escolma cos 40 libros de literatura galega de tódolos tempos que mellor reflicten temáticas relacionadas coas minorías. No recinto feiral tamén ten o seu pequeno expositor a editorial Kalandraka, organizadora tamén da mostra de ilustradores Blue Book Group que acolle a compostelana Galería Sargadelos dentro do programa do IBBY.
IBBY
No programa do Congreso integraranse canda os relatorios de especialistas en temáticas concretas relacionadas coa literatura infantil e xuvenil, outras actividades como son a Entrega dos Premios IBBY-Asahi de Promoción da Lectura de 2010 ou a Gala de entrega dos Premios H. C. Andersen de 2010.
Consultar o programa completo en: http://www.ibbycompostela2010.org/programme-table
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.