Venres, 03 Setembro 2010
Coma sempre, o último trimestre do ano é especialmente fecundo no que se refire ás novidades literarias da nosa editorial. Entre outros, destacan, na colección Literaria, a publicación do Premio Manuel García Barros deste ano, Obediencia de Antón Lopo, o Blanco Amor, que recaeu no escritor Iván García Campos, coa súa obra O imposible de desatar, ou a nova novela de Víctor F. Freixanes, Cabalo de ouros. Nesta colección debutará tamén a escritora Xulia Alonso coa novela testemuñal Futuro imperfecto.
Por outra banda, Editorial Galaxia segue apostando forte pola tradución dos grandes clásicos contemporáneos, ao tempo que no resto das linguas do noso entorno, cando non antes. Así será coas novas obras de Paul Auster, ‘Sunset Park', Caos Calmo de Sandro Veronesi (premio Novela Europea 2009), A viúva preñada de Martin Amis ou a nova obra de Alessandro Baricco, Emmaus.
Xerais co Nobel
Na derradeira semana deste mes de setembro aparecerá nas librarías Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Traducida do alemán por Marga do Val, esta novela foi considerada pola crítica alemá «como unha obra que, nestes momentos, sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos».
Esta edición de Randea do alento forma parte da serie «As Literatas», dirixida pola escritora María Xosé Queizán, onde xa fora publicada O home é un grande faisán no mundo, a primeira obra de Herta Müller en galego.
Enlaces
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.