Asociación Galega de Editores

Impresora Email

O prezo dos libros de texto baixa por primeira vez en case vinte anos

Xoves, 02 Setembro 2010

Nova: O prezo dos libros de texto baixa por primeira vez en case vinte anos

Os prezos dos libros de texto para o curso académico 2010-2011 rexistraron un moderado descenso do 0,50%, no seu conxunto, caída que aumenta a un 3,61% no caso dos manuais de Educación Secundaria Obrigatoria. Esta rebaixa é a primeira que se rexistra desde 1993, segundo o informe anual realizado pola Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (ANELE).

Por niveis educativos, o prezo medio dos libros de Educación Primaria baixou tamén un 0,50%, sendo o descenso máis acusado nos libros de Educación Secundaria Obrigatoria (3,61%) xa apuntado, mentres que o prezo dos manuais de Educación Infantil e outros Ensinos Medios aumentaron o 1,76% e o 2,38% respectivamente. O informe de ANELE, o máis rigoroso que se fai en España sobre a evolución do prezo dos libros de texto desde hai 17 anos, fai fincapé en que os libros de texto están suxeitos a dous réximes de prezos distintos. Prezo fixo ou único, que determina o editor, para os libros de Educación Infantil e Ensinos Medios non obrigatorias (Bacharelato e Formación Profesional) e prezo libre e, por tanto, variable, que establece o detallista para os libros destinados á Educación Obrigatoria (Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria).

Fonte: ANELE


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?