Mércores, 01 Setembro 2010
Xa é posible, dende primeiros de agosto, ler boa parte dos libros do catálogo da Editorial Galaxia sen deixar en ningún instante a navegación pola propia web. Así, a diferenza doutras páxinas nas que hai que abandonar o 'site' no que aparece o libro para desprazarse ao de Google, con esta nova aplicación conseguen que, unha vez vistas e lidas as páxinas desexadas, o internauta volva á web por se é do seu agrado consultar un novo texto.
Desta maneira, calquera internauta que estea a navegar pola web da editorial e queira acceder á lectura dunha parte moi significativa dun libro que estea subido a 'Google Books', atopará debaixo do título un botón de 'Vista Previa'. Ao premelo, abriráselle unha nova fiestra dende a que accederá ao libro para, como se nunha librería estivera, follealo de vagar e facerse, así, unha idea máis completa do seu contido. Daquela, a visita virtual á librería e aos textos de Galaxia máis apetecidos, aparécese como máis doada e accesible.
Fonte: Galaxia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.