Mércores, 01 Setembro 2010
A dez días de que empecen as clases, hai centros educativos que aínda non decidiron en que idioma se dará cada materia, colexios que si o teñen claro, desde finais de xuño, pero fáltalles a asignación de profesores e pais que ignoran en que lingua teñen que mercar os libros que este ano se estrean ao cambiar a repartición idiomática coa normativa trilingüe.
Este curso, Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía pasan a impartirse en castelán, mentres que Coñecemento do Medio, Ciencias Sociais, Bioloxía e Xeoloxía aprenderanse en galego. A maiores, os centros educativos teñen que repartir entre os dous idiomas o resto de materias (optativas tipo plástica, educación física, educación para a cidadanía, música ou relixión) para conseguir un equilibrio do 50%, como dita a norma. Non todos os centros conseguiron pechar o seu proxecto lingüístico a finais de xuño, segundo indican fontes do sector educativo, o que atrasa a distribución do material didáctico ás librarías, por parte das editoriais, á espera de coñecer a lingua en que se impartirá cada materia en cada centro.
Fonte: Faro de Vigo
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.