Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Editores ven improvisado o novo sistema de compra de libros dixitais do Govern

Venres, 09 Xullo 2010

Nova: Editores ven improvisado o novo sistema de compra de libros dixitais do Govern

O Gremio de Editores de Catalunya ve "totalmente improvisado" o novo sistema de compra de libros dixitais que implantará a Consellería de Educación da Generalitat en setembro a raíz do plan Educat 1x1.

   A plataforma será un escaparate de librarías virtuais que ofrecerán os libros dixitais en diferentes condicións e que colexios e familias poderán comprar soamente mediante un moedeiro electrónico subvencionado con 30 euros pola Generalitat. O responsable de libros de texto do Gremio, Antonio Garrido, criticou que a plataforma aínda non existe --xa que é provisional-- e que o que se atopa detrás do 'catalegdigital.wikispaces.com' é "nada, como un poboado do oeste".

   "A plataforma é un caos e froito dunha improvisación absoluta", dixo Garrido, quen ademais considera que a Conselleria de Educación está a infrinxir leis, como a de Competencia."Educación fai ver ante as familias que hai unha situación de normalidade a pesar de que a plataforma aínda non existe", alertou Garrido, quen incidiu en que os cartóns moedeiro tardarán algunhas semanas en funcionar, engadido ao feito de que moitas familias non saberán como funciona o novo sistema.

Fonte: Europa Press


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?