Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Domingo Villar gaña o premio da Asociación Brigada 21 de novela negra

Xoves, 08 Xullo 2010

Nova: Domingo Villar gaña o premio da Asociación Brigada 21 de novela negra

A Asociación Brigada 21, creada para a difusión da novela negra e criminal, outorgou o premio á Mellor Novela en Castelán publicada en 2009 A praia dos afogados, de Domingo Villar, editada en galego por Galaxia e que tamén obtivo os seguintes galardóns: Premio Losada Diéguez, Libro do Ano pola Federación de Libreiros de Galicia, Finalista do Premio Libro do Ano do Gremio de Libreiros de Madrid, Autor do ano 2009 pola revista Fervenzas literarias e Finalista do premio Novelpol.

Domingo Villar, ademais, participará o próximo 15 de xullo, ás 12.00 h, no curso de verán del Escorial Recordando a Pepe Carvalho: como se crea un personaje en la novela negra, coa conferencia titulada Unha serie con personaxe é un límite á creatividade na trama? O curso desenvolverase entre o 12 e o 16 de xuño.

Fonte: Xornal de Galicia

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?