Xoves, 08 Xullo 2010
O presidente da Federación de Gremios de Editores de España, Pedro de Andrés, criticou a "morneza" da Fiscalía Xeral do Estado na persecución dos delictos contra a propiedade intelectual. De Andrés pronunciouse así este mércores na inauguración do XXVI Encontro sobre a Edición dentro dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), baixo o título 'O futuro da edición: papel e e-book'.
Alí, perante a ministra de cultura, Ángeles González-Sinde, mostrou o seu apoio ás medidas de apoio ao sector editorial e á propiedade intelectual incluídas na Lei de Economía Sustentable. Non entanto, o representante dos editores lamenta o "atraso" na aplicación destas medidas e que "non estean en vigor", xa que se atrasaron até o próximo mes de setembro. Pero sobre todo, criticou "certa morneza" coa que ao seu xuízo actúa a Fiscalía Xeral do Estado á hora de "combater" os delictos contra a propiedade intelectual, que custan ao sector ao redor de 200 millóns de euros en perdas anuais.
Posteriormente, a ministra de Cultura declarou aos xornalistas que a Lei de Economía Sustentable protexe a propiedade intelectual en todas as súas manifestacións culturais, polo que tamén inclúe medidas ante as descargas ilegais do e-book, da mesma maneira que para outro tipo de descargas. Durante a inauguración do encontro, González-Sinde comprometeuse a que o Ministerio de Cultura destinará os seus "mellores recursos" a "canalizar" o cambio da sociedade analóxica á dixital no plano cultural. Segundo aseverou, "o libro dixital está aquí e veu para quedar", pero neste caso, "por primeira vez", estase "en condicións de liderar esta transformación".
Momento de transición
A ministra de Cultura reivindica o papel deste sector na economía nacional, pondo como exemplo que o 1,2% do PIB achégao o sector editorial, que financia "unha de cada cen camas dos hospitais públicos" e converteu a España na cuarta potencia editorial en todo o mundo. Pero agora este sector atravesa por un "momento de cambio", unha "transición entre o analóxico e o dixital". "O que ocorre no futuro dependerá do que fagamos hoxe", advertiu aos asistentes.
Así, citou que 11 de cada 100 libros editados durante 2009 fórono en soporte electrónico, o que supón un 55% máis que durante o ano pasado, e na actualidade, oito de cada dez editoriais teñen previsto iniciar o ano que vén a dixitalización dos seus fondos.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.