Martes, 06 Xullo 2010
A Federación de Gremios de Editores de España promove, dende 1984, todos os anos a celebración dun seminario dedicado á edición, froito dun convenio de colaboración que asina coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, co obxectivo de convocar e propiciar un foro de debate sobre as inquietudes do sector do libro do que se desprendan unhas conclusións que axuden aos seus profesionais no seu quefacer diario, de propiciar un lugar de encontro e de potenciar como sempre fixo a idea do editor como axente fundamental desta industria cultural.
Co título O futuro da edición: papel e e-book, o XXVI Encontro sobre a Edición terá lugar os días 7, 8 e 9 de xullo no marco do Palacio da Magdalena de Santander e contará con Núria Cabutí, Conselleira Delegada de Random House Mondadori, como directora. As novas experiencias editoriais, dende diversas perspectivas, serán o tema central desta convocatoria.
O libro electrónico comeza a ser unha realidade e a convivencia co libro tradicional empeza a ser aceptada pola poboación española que recoñece os lectores dixitais como un futuro no presente. Pero ¿que significado ten o e-book na nosa industria?, ¿como convivirán o libro tradicional e o e-book?, ¿son excluíntes ou complementarios?, ¿relacionaranse da mesma maneira escritores, editores e lectores?, ¿promocionaranse os libros como até agora ou haberá unha nova forma de relación cos lectores?
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.