Xoves, 01 Xullo 2010
No medio da recesión do comercio mundial, as exportacións do libro lograron manter a súa cota de mercado cun saldo neto no 2009 de 206,88 millóns de euros (298,00 millóns no 2008), segundo o informe de Comercio Exterior do Libro 2009, dado a coñecer hoxe pola Federación Española de Cámaras do Libro (FEDECALI). Estas cifras poñen de manifesto, o esforzo do sector por defender a puxanza das vendas españolas a pesar da crise económica e da fortaleza do euro fronte ao dólar.
As exportacións do sector do libro español no 2009 foron 442,37 millóns de euros, o que se traduce nunha caída do 18,98% fronte ao exercicio 2008 aínda que a redución de exemplares exportados limitouse só un 15%. Estas cifras divídense entre as vendas do Sector Editorial que acadaron 251,76 millóns de euros, o que supón un descenso do 28,23% respecto de 2008, e as correspondentes ao sector gráfico, 190,61 millóns, un 2,35% menos que en 2008.
Sectores
Por sectores, o sector editorial acapara o 57% das exportacións totais e o sector gráfico o 43%. Dentro do sector editorial, os libros supoñen o 95% das vendas e o 62% para o sector gráfico. Por zonas xeográficas, Europa mantense como o principal destino das exportacións españolas con 253,99 millóns de euros, a pesar dun retroceso do 17,41% respecto de 2008. Deles, 75,74 millóns hai que atribuílos ás vendas do Sector Editorial (-41,15%) e 178,92 millóns ao Sector Gráfico (-0,59%). Como xa ocorrera o ano anterior, produciuse un aumento das exportacións de libros a Europa, pero a caída das vendas de fascículos lastrou as exportacións totais.
Mercado americano
Detrás dos países europeos, América consolídase como segundo destino das vendas ao exterior con 175,42 millóns de euros (-22,42%), delas, 171,68 millóns (-20,71%) son exportacións do Sector Editorial e só 3,74 millóns (-61,06%) corresponden ao do Sector Gráfico. México segue sendo o principal receptor no Novo Continente con 50,08 millóns de euros en 2009 aínda que por baixo do resultado de 2008 (68,56 millóns). Un ano máis hai que destacar que México só é superado por Francia e Reino Unido no ranking de países receptores con 97,16 millóns e 75,60 millóns respectivamente en 2009.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.