Mércores, 30 Xuño 2010
Ideaspropias Editorial subscribiu un convenio coa empresa colombiana Ediciones de la U co obxectivo de potenciar a difusión das súas publicacións en Sudamérica. O resultado desta colaboración é un novo selo de coedición mediante o que os manuais da empresa editora viguesa comercializaranse en Bolivia, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Fonduras, Panamá, Perú, Porto Rico, República Dominicana e Venezuela.
En virtude desta colaboración lanzarase, inicialmente, unha selección de vinte títulos do catálogo de máis de trescentos manuais formativos de Ideaspropias Editorial coa imaxe do novo selo editorial, que serán promocionados, distribuídos e comercializados por Ediciones de la U.
O xerente de Ideaspropias Editorial, Pedro López Gómez, destaca que "existe un abano potencial de clientes que captar con novos proxectos e coa aposta polos mercados internacionais" e engade que este compromiso se materializa con iniciativas como este proxecto de colaboración.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.