Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Cumio propón un novo traballo para aprender as danzas do varios países

Venres, 11 Xuño 2010

Nova: Cumio propón un novo traballo para aprender as danzas do varios países

Edicións do Cumio vén de sacar do prelo un divertido compendio de danzas de diferentes países recollidas baixo o título Zampadanzas do mundo que promove a asociación de danzantes Pé de Xumbo. Seguindo o fío dunha lírica historia, na que un cociñeiro aprende a danzar saltando de país en país, o Zampadanzas achéganos aos bailes tradicionais de Portugal, Dinamarca, México, Brasil, Xapón, Bélxica, Cataluña e Galicia, ao mesmo tempo que nos aporta pequenos datos sobre as súas culturas.

O libro foi redactado por Mercedes Prieto Martínez, profesora titulada de danza e compoñente de Pé de Xumbo, mentres que a parte narrativa foi composta por Marta Pereira Coutinho e conta con ilustracións de Serxio Cobos. A publicación vai acompañada dun CD no que se poden atopar mostras en vídeo das coreografías suxeridas e todas as pezas musicais precisas para as mesmas.

Edicións do Cumio encadra Zampadanzas do mundo na súa colección de libros multimedia destinados aos amantes da cultura tradicional, o baile e a música, compartindo espazo con outros títulos como Para cantar e bailar de Luis Prego e Bailabén de Edith Cotilla e Gustavo Couto.

Fonte: Edicións do Cumio


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?