Venres, 11 Xuño 2010
A colección de textos dramáticos Biblioteca ESAD acaba de incorporar dous novos volumes á súa produción. Trátase de Obra dramática completa, de Sarah Kane, e Catro pezas, de Caryl Churchill. Estes dous títulos foron presentados onte en Vigo, na sede da Escola Superior de Arte Dramática, nun acto presidido polo director da entidade, Manuel F. Vieites; polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; e polo director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes.
O responsable de Política Lingüística destacou que, a través deste proxecto, se pon á disposición dos profesionais do teatro material para poderen representar as obras de autores de recoñecemento internacional en galego. Ao mesmo tempo, engadiu o secretario xeral, búscase "incentivar a edición en galego" e mais "fomentar a proxección da literatura nesta lingua".
Así mesmo, Anxo Lorenzo incidiu na importancia de potenciar a incorporación da lingua propia de Galicia ás actividades de lecer a través de ámbitos como a arte dramática. A Obra dramática completa inclúe cinco textos dramáticos e un guión (Pel) e Catro pezas recolle catro textos dramáticos.
Fonte: Galicia Hoxe
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.