Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Compostela acolle dende hoxe aos 320 participantes no Congreso Nacional de Artes Gráficas

Xoves, 10 Xuño 2010

Nova: Compostela acolle dende hoxe aos 320 participantes no Congreso Nacional de Artes Gráficas

O porvir do papel ou as solucións ante a crise son algúns dos temas que hoxe e mañá se tratarán en varios relatorios que terán lugar no Auditorio de Galicia.

As xornadas están organizadas pola Federación Empresarial de Industrias Gráficas de España en colaboración coa Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia.

O evento celébrase baixo o lema Camino de futuro e programou ponencias sobre o futuro do papel ou a implantación da ecoinnovación no sector gráfico. Tamén se afondará en como está realmente o sector e as posibilidades que ofrece a cooperación empresarial. Ademais, achegaranse diferentes solucións para saír dos problemas derivados da actual situación económica.

Fonte: Xornal de Galicia


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?