Martes, 08 Xuño 2010
"Para os libreiros e para os cidadáns o peche dunha libraría histórica que se converteu co paso dos anos en referencia é un suceso moi triste porque cunha desaparición así marcha parte da historia dunha cidade". Así define Xurxo Patiño, presidente da Asociación de Libreiros de Galicia, o peche da libraría Michelena, histórico establecemento pontevedrés que levaba 29 anos de dedicación á venda de libros. Coa súa desaparición, pérdese unha das librarías máis sobranceiras de Galicia e unha auténtica institución no panorama cultural pontevedrés.
Dese xeito, a libraría convértese noutra vítima desta crise que, lonxe de dar brotes verdes, continúa a segar negocios de todo tipo. "Estabamos nunha situación de baixo consumo que facía insostible seguir traballando. O peor de todo é que non se ve ningunha garantía de solución. É inviable continuar e por iso o día 30 de xuño pecharemos", sinala José María Dios, responsable dunha libraría histórica na que traballan sete persoas.
Causas
A baixada nas vendas de libros que rexistrou esta libraría -e que se nota de forma xeneralizada no sector- manifestouse por dúas vías diferentes: pola caída da adquisición institucional e pola contracción do consumo individual. "Houbo un descenso de máis dun 50% na compra institucional. Cando falo de compra institucional falo de centros e bibliotecas que teñen un orzamento para adquirir obras. Logo, a caída entre particulares foi dun 25%", lamenta José María Dios.
Por outra banda, tamén hai que ter en conta os cambios que se están a producir no ámbito editorial coa chegada do libro dixital. Ese novo soporte producirá unha revolución á que os libreiros teñen que comezar a adaptarse. "É obvio que o libro dixital significará un cambio para o sector. Nós, nese cambio, podemos ofrecer o que xa ofrecemos agora. Nós traballamos cunha mercadoría especial, son contidos culturais e ten que haber un nexo de unión entre os lectores e os escritores. Os libreiros deben cumprir ese rol tanto no libro en papel como no dixital", sinala Xurxo Patiño ante os cambios que se achegan ao sector.
Fonte: Xornal de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.