Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Libros na rúa

Xoves, 20 Maio 2010

Nova: Libros na rúa

Alberto Ramos presentou o seu libro desde o balcón da emblemática Librería Couceiro, na Praza de Cervantes, en Santiago, diante de numeroso público que se presentou para participar nesa festa que é toda presentación dunha nova creación literaria.    

Desde o balcón da librería, Alberto Ramos, presentou Con acuse de recibo, un libro editado por Biblos e ilustrado por Abraldes.  «Foi dende un balcón, de noite e coa chuvia varrendo o ceo». Deste xeito, coa melancolía húmida das nubes, comeza Con acuse de recibo, unha historia de intriga sen detectives que o ano pasado se converteu na gañadora do IX Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia e que agora chega nunha versión revisada á colección Mandaio con magníficas ilustracións de Juan Carlos Abraldes.

Fonte: Biblos


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?