Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Os Contos no camiño celebra o Día dos Museos

Mércores, 19 Maio 2010

Nova: Os Contos no camiño celebra o Día dos Museos

O proxecto europeo Os Contos do Camiño, coordinado pola editorial galega OQO, sumouse hoxe á celebración do Día Internacional do Museos cun concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no que estaban convidados todos os escolares que participan en Santiago de Compostela nos obradoiros de animación á lectura e plástico creativos para dar a coñecer o patrimonio inmaterial e artístico das diferentes Rutas Xacobeas.

                                                         Participación dos rapaces

Asistiron medio millar de rapaces e rapazas de centros escolares de Infantil e Primaria de Santiago. No entanto, serán 2.500 os escolares que ata o 4 de xuño participarán nos obradoiros de Os Contos do Camiño que se imparten desde principios de maio na Biblioteca Pública Ánxel Casal e no CGAC, cuxo auditorio acollerá as dúas sesións do concerto ‘Contos en cantos no Camiño’.

 

Fonte: OQO Editora

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?